22 de abr. de 2012

CURSO MONOGRÁFICO DE DANZAS DO MUNDO

PODES TER DOUS PÉS ESQUERDOS QUE CON NÓS VAS APRENDER A DANZAR!!.
A asociación Pésdebarro realiza un Curso Monográfico de Danzas do Mundo para o día 28 de abril no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
Sensibilizar en valores como a multiculturidade, a cultura participativa e a tolerancia, entre outros, son parte dos obxectivos que nos marcamos como asociación adicada a potenciar as Danzas do mundo. Levamos un ano de andaina e realizamos diversas
actividades, algunhas esténdense ao longo de todo o ano (Cursos de Danza Tradicional e Curso de Danzas do Mundo) e outras son en datas concretas como os cursos monográficos ou calquera actividade ao redor da música e a danza.
Para a realización do curso non se precisa ter unha idade determinada, tampouco preparación ou adestramento; son ideais para cultivar e aprender en familia, coas amistades, ou simplemente para coñecer a outras persoas coas mesmas curiosidade ca nos. 
O exercicio da danza, deste xeito, convertese nunha actividade de lecer con sentido, onde aprendemos a través do divertimento, as nosas capacidades espaciais (orientación, situación, lateralidade) e as  nosas capacidades rítmicas, coordinación e sociabilidade.
Asemade, as Danzas do Mundo, representan a preservación e a renovación das tradicións e teñen alcance antropolóxico de expresión. Permite descubrir ao outro nunha comunicación corporal e xestual. Por suposto non fai falta dicir o que representa este tipo de actividade para o benestar físico e mental.
Por todo o anterior, queremos que todo o mundo veña a practicar con nos Danzas do Mundo. Comezaremos o día 28 no Auditorio, ás 10.30 horas da mañá até ás 13.30 h, e ás 16.30 h, até ás 18.30 horas da tarde.
O prezo de matrícula é de 15 euros para as persoas non socias de Pésdebarro e de 10 euros para as persoas socias de Pésdebarro. 
O noso correo electrónico é pesdebarro@hotmail.com 
E as prazas son limitadas, polo tanto canto antes reserves o teu lugar mellor!!.
ASOCIACIÓN PÉSDEBARRO
pesdebarro@hotmail.com


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: