Nen Benito González devolve o diñeiro público, recibido a través das subvencións de Medio Rural e Mar, nen Rosa Quintana fai o mais mínimo esforzo por cumplir a legalidade esixindo a súa devolución, continuando na entrega de diñeiro público a través de subvencións a Federación Gallega de Confrarías de Pescadores para uso irregular de Benito González, chamado o Sector por Maneiro e Rosa Quintana.
A Asociación Galega de Mariscadoras/es esixiulle, como paso previo a futuras accións xudiciais e administrativas, á Consellaría do Medio Rural e do Mar que se pronuncie definitivamente diante dos feitos que denunciou xudicialmente AGAMAR en Outubro do ano pasado contra a Federación Galega de Confrarías e o seu presidente Benito González Sineiro. Na denuncia, admitida a trámite, revélase
a percepción indebida de caudais públicos e retribucións monetarias de xeito irregular, sen que ata agora exista constancia dunha devolución integra e sen que exista ningún tipo de actuación ou pronunciamento da conselleira Rosa Quintana.
a percepción indebida de caudais públicos e retribucións monetarias de xeito irregular, sen que ata agora exista constancia dunha devolución integra e sen que exista ningún tipo de actuación ou pronunciamento da conselleira Rosa Quintana.
Meses de pasividade e irresponsabilidade por parte dunha Consellaría que supón a principal fonte de financiamento da Federación e que, polo tanto, debe ser quen fiscalice e controle o correcto uso destes fundos públicos, vinculados directamente aos orzamentos xerais da Xunta. Para despexar unha presunta conivencia, a conselleira do Mar ten a obriga, legal e moral, de esclarecer e xustificar todos estes cobros irregulares. Rosa Quintana debe responder con absoluta transparencia e non só diante da fiscalía ou da intervención xeral da Xunta senón tamén fronte a todas e todos os produtores galegos que na actualidade están a sufrir os efectos da crise xunto cos recortes públicos.
Ao tempo que se promoven estes recortes orzamentarios, que paralizan o sector, a mesma Xunta de Galicia non investiga estas presuntas actuacións irregulares. Irregularidades que repercuten negativamente no peto de todos os asociados e en beneficio de determinados particulares como é o caso do señor Benito González Sineiro.
Retribucións irregulares e non xustificadas
Nas contas presentadas pola Federación Galega de Confrarías de pescadores dos exercicios 2008, 2009 e 2010 aparecen recollidos pagamentos a González Sineiro dun total de 78.325,33 € baixo o concepto de “retribución”. Unha posibilidade que está expresamente prohibida na normativa galega que regula as confrarías, e a súas federacións provinciais e galega, e que se sitúa baixo a tutela da administración galega. Hai que ter en conta que debe ser esta propia administración, neste caso a Consellaría do Medio Rural e Mar, a que vele e responda diante do compromiso co “principio xeral da gratuidade, profesionalidade e austeridade” no desempeño destes cargos, só coa excepción do cobro de indemnizacións ou cobros concretos e detallados que deriven directamente do servizo.
Na mesma documentación contable aparecen tamén recollidos outros importes, que poden ascender a case 90.000 € neses tres anos, que se sumaban á cifra anterior e que aparecen como “dietas, desprazamentos, viaxes, comidas e hoteis”. Contías que non serían ilegais de estar debidamente xustificadas documentalmente e de estar vinculadas ao desempeño da actuación como presidente da Federación.
•O presidente da Federación galega de confrarías de pescadores recibiu irregularmente máis de 78.000 € (15.11.2011)
AGAMAR puxo en coñecemento do Consello de contas de Galicia e da fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia varias informacións referentes á percepción indebida de retribucións dinerarias por parte do presidente da Federación galega de Confrarías de pescadores, Benito González Sineiro. No total calcúlase que a cantidade de fondos públicos utilizados irregularmente pode ascender a máis de 78.000 €, durante os últimos tres anos.
Diante destas graves irregularidades AGAMAR informou tamén a Consellaría do Mar esixíndolle a paralización inmediata destes pagos e para que requira a devolución das retribucións indebidamente percibidas por González Sineiro. A asociación denuncia, tamén, que este uso fraudulento de fondos públicos repercute negativamente no conxunto da Federación de Confrarías que, fundamentalmente, se nutre das cuantiosas subvencións públicas entregadas anualmente pola Consellería do Mar para o seu funcionamento orgánico.
Máis de 168.000 en tres anos
Nas contas anuais presentadas pola Federación galega de Confrarías de pescadores nos exercicios 2008, 2009 e 2010 reflíctense pagos ao presidente, Benito González Sineiro, de 78.325,33 € en concepto de retribucións. Unha remuneración que está expresamente prohibida pola normativa reguladora das confrarías e das súas federacións provinciais e galega. Unha lexislación galega que proclama o principio xeral da gratuidade, profesionalidade e austeridade no desempeño destes cargos representativos, nestas entidades, excluíndo o pago de indemnizacións ou compensacións que deriven directamente de exercer estes cargos.
Sempre segundo esta documentación contable, ademais desta retribución salarial o presidente recibiu tamén importantes abonos en concepto de dietas, desprazamento, viaxes, comidas e hoteis, a cargo da federación. Unha cantidade que poderían situarse ao redor dos 90.000 ?, a maiores durante estes mesmos tres anos. Unha contía que non sería ilegal no caso de ser gastos xustificados documentalmente e de estar vinculados á actuación da federación exclusivamente.
A maiores destas retribucións, González Sineiro percibe da confraría de pescadores de Cambados unha retribución mensual que rolda os 700 € en función do seu cargo de patrón maior, aínda sendo coñecedor da ilegalidade destes pagos. A isto engádeselle o abono de diversas contías en concepto de dietas e demais indemnizacións propias do cargo, de carácter legal se son debidamente xustificadas. Ademais, a todo isto súmanselle as contías recibidas por asistir ás reunións do consello de administración da Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa, ente do que forma parte desde finais de 2010 por nomeamento directo da Consellería do Mar.
Sendo coñecedor desta situación, resulta inaudito o silencio, a complicidade e a irresponsable permisividade manifestada durante estes anos polo goberno galego. Semella evidente o interese lucrativo do presidente das confrarías exercendo un cargo que, legalmente, debe ser de carácter non retribuído. Tamén resulta evidente o desinterese da Consellaría do Mar en fiscalizar esta actuación irregular, co agravante de ser esta institución a principal fonte de financiación da federación, vía subvencións, que se cargan ao orzamento xeral da Xunta de Galicia.
Deste xeito, pode explicarse a actitude de Benito González Sieiro, en contra dos intereses profesionais que debería representar, dedicándose durante estes últimos meses a aplaudir e apoiar as políticas de recortes contra o sector pesqueiro e marisqueiro adoptadas pola Consellería do Mar. Medidas tremendamente negativas como a eliminación de subsidios de supervivencias ás mariscadoras de máis de 65 anos, a eliminación do seguro colectivo de accidentes marítimos; as medidas restritivas para o acceso ao permex das mariscadoras; os traslados a zonas especialmente protexidas de marisco contaminado; a rebaixa, primeiro, e eliminación, posterior, das subvencións para as limpezas das confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos…
A Fiscalía e o Consello de contas inician a investigación das retribucións irregulares de Benito González Sieiro (13.01.2012)
• A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o Consello de Contas de Galicia iniciaron as actuacións relacionadas coa denuncia interposta por AGAMAR referente á suposta percepción indebida de retribucións económicas por parte do presidente da Federación galega de Confrarías de pescadores, Benito González Sineiro. Recentemente a Fiscalía galega iniciou as dilixencias informativas derivadas desta denuncia, ordenando a remisión de todo o actuado á Fiscalía Provincial da Coruña, por ter a competencia territorial para investigar estes feitos.
Tamén nos pasados días, o Consello de Contas de Galicia a pesar de non fiscalizar directamente a Federación por non existir un mandato explícito do Parlamento galego, entende que estes feitos deben ser fiscalizados polo Tribunal de Contas posto que tanto a Federación como o seu presidente están baixo tutela e supervisión da Consellaría do Mar. Así mesmo, o Tribunal de Contas procedeu ao traslado da denuncia directamente á Intervención Xeral da Xunta de Galicia para que proceda ao control financeiro sobre os feitos denunciados.
Complicidade e mutismo da Xunta.
Diante da denuncia de AGAMAR e das probas achegadas a Consellaría do Mar non ten reaccionado aínda. Unha permisividade manifestada durante estes anos que mostra o desinterese da Consellaría do Mar en fiscalizar esta actuación irregular, co agravante de ser esta institución a principal fonte de financiación da federación, vía subvencións, que se cargan ao orzamento xeral da Xunta de Galicia.
Unha complicidade que tamén explica a actitude de Benito González Sieiro, en contra dos intereses profesionais que debería representar, dedicándose durante estes últimos meses a aplaudir e apoiar as políticas de recortes contra o sector pesqueiro e marisqueiro adoptadas pola Consellería do Mar.
Máis de 78.000 € en tres anos
As actuacións iniciadas polo TSXG e o Consello de Contas están relacionadas coa documentación remitida por AGAMAR, no pasado mes de novembro, relativa á percepción indebida de retribucións económicas por parte de Benito González Sineiro. No total a cantidade de fondos públicos utilizados irregularmente pode ascender a máis de 78.000 ?, durante os últimos tres anos. Diante destas graves irregularidades AGAMAR informou tamén a Consellaría do Mar esixíndolle a paralización inmediata destes pagos e para que requira a devolución das retribucións indebidamente percibidas por González Sineiro.
Sempre segundo esta documentación contable, ademais desta retribución salarial o presidente recibiu tamén importantes abonos en concepto de dietas, desprazamento, viaxes, comidas e hoteis, a cargo da federación. Unha cantidade que poderían situarse ao redor dos 90.000 €, a maiores durante estes mesmos tres anos. Unha contía que non sería ilegal no caso de ser gastos xustificados documentalmente e de estar vinculados á actuación da federación exclusivamente.
Nova recollida de Xornal Galicia.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.









Ningún comentario:
Publicar un comentario