Fai un tempo a zona centro de Cambados chamabaselle oficiosamente zona de viños , sobre todo os arredores da Rúa Isabel II de Cambados e a Rua Castriño onde se atopaban bares como a de Hermitas, Bar Silva, O Patin, ou o Castriño, pero dun tempo a esta parte Fefiñans ven a desbancar a esta zona, ademais dun xeito potente, sendo o lugar con mais bares e mellores por metro cadrado. E asi se comenzamos un breve paseo pola “nova zona de viños” de Cambados atopamonos que podemos empezar o percorrido polo recén estreado Café Tribunal, seguimos polo Al
Capone, dali dobramos para o Reymar, logo metemonos no D´aniels (antiga Escola),e Tia Moly.
Capone, dali dobramos para o Reymar, logo metemonos no D´aniels (antiga Escola),e Tia Moly.
Damos un pequeño salto e imonos a Praza de Fefiñans, onde atopamos o Caramuxo, bebemos un bo viño no Bar Laya, tapeamos algo nos Amigos, cruzamos a taperia de Miguel, atravesamos novamente para Adegas Chaves, logo imos a Cociña de Telmo, tomamos algo na Esquina da Meiga, incluso podemos tapear marisco nas Pias, e logo imos a do Vajo, o novo bar de José Luis Aragunde, tapeando algo no Trasno e no Bar Fefiñans, de ahí xa nos adentramos na praza de Leña, onde podemos tomar unha cervexa na do “Americano”, pasamos a “Fonte de Viño” e rematamos nesta praza na “Casa da Leña”.
Logo baixamos por Triana e facemos unha parada no “Cruceiro”, antes de chegar a “Riveira de Fefiñans” onde non nos esquecemos da Traiña. E rematamos o noso percorrido por onde antes estaban os carpinteiros de riveira, no Mascot, Airiños, a Xamela e o Camarote onde a Peña Xeito celebra as suas cea semanais. Se eres capaz de facer todo este percorrido nun so día rematas comido ou ceado depende da hora e cunha boa “contenteira”. Non sei se me queda algún bar atrás, seguro que si pido perdón de antemán, si che é moito podes facer o percorrido por sectores percorrendo un cada día.
Pero queda demostrado con probas palmarias que o nova zona de viños de Cambados está en Fefiñans: “Ven e beberás”.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

.jpg)

.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario