11 de abr. de 2012

BARRANTES, O LUGAR ONDE HAI MAIS SEMÁFOROS POR METRO CADRADO

Preme na foto para vela ampliada

A veces vendo algunhas cousas, un estranase moi moito se  realmente hai crise, se realmente os nosos gobernantes fixeron as cousas ben, ou se derrocharon. Un dos exemplos mais claros temolo na parroquia de Barrantes do Concello de Ribadumia onde nun espazo nun superior a cen metros contamos polo menos a frioleira de once semáforos, mais que en todo Cambados, ou en todo o Grove xuntos. Como se explica isto?. Ten moi doada explicación esta a “patria chica” do rei Midas da política do comarca o ínclito Sr. Louzán, acusado por uns
de mercar concelleiros como por exemplo se publicou en “el Mundo”, o na “Voz de Galicia”, ou de actitudes mafiosas como o acosou “Xornal Diario” ou o blog transgresor “Piratas do Salnes” quen tamén ten páxina en facebook e canle en you tube. Dun xeito ou doutro non se pode ser tan descarado coa su aterra como é Louzán para el que mais lle da  se ten a o todo o mundo enganado e o seguen votando.  Hoxe por hoxe Louzán é o exemplo mais claro do caciquismo en Galicia e non o digo está na "rede".
                         
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: