11 de abr. de 2012

“OS DEMOS DA PETACA” OFRECEN UNHA GRAN GAITEIRADA NO CAFÉ JOSYBAR CHOCOLATERIA DE CAMBADOS O VINDEIRO SABADO

Algo que botabamos de menos en Cambados,  que algún local fixera unha gaiteirada de vez en cando para que os grupos da zona se vaian dando a coñecer e o mesmo tempo pasar un anaco agradabel, a así o Café Josybar Chocolateria, sito na rúa Carballeira 21 de Cambados, esta a facer realidade o que moitos desexabamos dende fai tempo. O vindeiro sábado 14 de Abril a iso das 23 horas  teremos novamente gaiteirada, esta vez a cargo do grupo de Ribadumia “OS DEMOS DA PETACA” como les se autodenominan “ghaiteiros do pais”, estes gaiteiros teñen unha
filosofía moi especial están moi orgullosos de defender a música tradicional  a todos os sitios onde van , e como eles tamén din un bo gaiteiro non é unha persoa que toca ben a gaita, iso é un bo músico, un GAITEIRO e unha persoa que sinte a gaita dentro de si e fai que toque millor ou pior. Animademos e acudir o vindeiro sábado a gaiteirada do Josybar, seguro que pagara a pena. “Os demos da Petaca” son Luis, Logi, Lucio, Roberto e Rosiña.


"Os Demos da Petaca" xa actuaron en Alemania.



                            
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: