10 de abr. de 2012

TREIXADURA TROCA A HORA DO CONCERTO DE VILAGARCIA, DAS 21 ÁS 22.30 H.

Coido que é de todos sabido, sobre todo os que visitades este blog, que o día 21 de Abril Treixadura celebra un concerto para todos os arousáns bos e xenerosos no auditorio de Vilagarcia de Arousa,  pero que non sabiades algúns é que se troucou a hora do concerto,  da  prevista das 21.horas, agora pasase ás 22.30 horas debido a que as 20 horas ten lugar o derbi dos derbis fustbolisticamente falando o Barsa-Real Madrid.
En Galicia Treixadura constitúe, desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.  Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantos e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares como nas festas e eventos urbanos, co único obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música das súas 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discos, unha variada gama de colaboracións discográficas, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
O seu novo traballo "Esa se que é muiñada" é un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se ocultan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural, os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, festas populares, os vellos gaiteiros, os coros, as bandas, que permanecen en nós, os galegos, desde a noite dos tempos grazas á tradición oral, os libros e a música.
                                                       
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: