10 de abr. de 2012

A ASOCIACIÓN AMAS DE CASA DO ALBARIÑO ORGANIZA UNHA SAIDA DE SENDERISMO POLOS MUIÑOS DE MEAÑO.

A Asociación cambadesa de Amas de Casa “Albariño” ven a organizar unha saida con senderismo e merenda por un dos lugares con mais encanto que temos na comarca do Salnés. A Asociación organiza unha senda fluvial polos Muiños de Meaño e que remata na Quinta de San Amaro, a senda comeza no Rio da Chanca no Concello veciño , está moi ben conservada consta de 23 muiños e dous lavadoiros que constituen unha nutrida representación da arte popular galega.  Unha vez vez rematada a senda  acabarase
 gozando dunha pequena merenda no Hotel Quinta de San Amaro, un hotel con encanto que combina os elementos tradicionais dunha Galicia nobre con outros abertamente contemporaneos. 
Quinta de San Amaro
A data de marcha será o mércores 25 de abril e saida será dende a estación de Aubuses de Cambados, as 16.30 horas. A inscripción poderá facerse os días 16, 17,18,19 e 20 de abril a partires das 18.30 horas no local da asociación sita no mesmo local onde está Esperanza Salnés. A Asociación aconsella os senderistas que leven calzado apropiado e tamén levar auga. O autubus conducirá os asistentes dende Cambados a Meaño e no camiño serán asistidos por un guia.
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: