10 de abr. de 2012

OS RECORTES DO PP E A DESIDIA DA ALCALDIA DE CAMBADOS PROVOCAN UNHA VÍCTIMA GRAVE NA VILA

E estamos seguros que os recortes salvaxes e sen ton ni son do PP van provocar mais victimas que esta,  e se non son directamente  vanno ser por acción ou omisión como é o presente caso. A páxina amiga www.cambados.tk xa o denunciaba fai dous meses posto que un dos seus lectores alertaba do perigo do Paseo Marítimo polo mal estado das barandillas, xa daquela o seguidor en cuestión aseguraba mediante documento gráfico que un dos
ferros caera o mar co conseguinte risco para a seguridade dos peóns. Que fixo entón o concello gobernado por Luis Aragunde?. Nada  de nada de nada. Deitarse a bartola que é que mellor saben facer e pasear pola vila para sair na foto. 
Agora claro, Aragunde diranos que non é da súa competencia que é de Costas, pero cando inauguran algo no paseo marítimo e o primeiro en sair na foto, logo coa sua verborreo largaranos  o rollo en cuestión, namentres un xoven cambadés remata no Hospital do Salnés con varias costelas rotas  grazas a  incompetencia do noso alcalde e non será por descoñecemento pois o a recenté xubilado ex secretario accidental do concello xa afora víctima no 2006 da mesma barandilla e non seria tampouco por non avisarlle xa que www.cambados.tk viña alarmando deste perigo como dixemos fai polo menos  dous meses. Hai xa un procedemento penal en trámite para depurar responsabilidades contra a autoridade que corresponda por esta clara neglixencia con resultado de lesións. 
                            
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: