10 de abr. de 2012

ENTREVISTA A MONTSE PRADO, SECRETARIA DE ORGANIZACIÓN DO BNG, HOXE MARTES EN TELESALNÉS

Esta noite no programa Pleno Aberto de Telesalnés, que se emite a partir das 22:30h., estará a membro da Executiva Nacional e Secretaria de Organización do BNG Montse Prado que será entrevistada sobre a actualidade política de Galiza e tasmén de seguro que falará da actual situación do  nacionalismo en Galicia e mais concretamente do BNG. 
Montse Prado Cores, nada en Cambados en 1965, é unha política galega do BNG,
sendo na actualidade secretaria de organización e membro da executiva nacional de dita formación.
Traxectoria
É diplomada en Maxisterio e licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Traballaba como celadora do Sergas até a súa dedicación exclusiva á política.
Estivo desde nova vencellada ao movemento veciñal e cultural. Foi membro da executiva da Asociación de Veciños de Oubiña entre 1984 e 2006, presidiu a Asociación Cultural Sete Pías e participou na fundación da Asociación Cultural Xironsa.
Formou parte da primeira dirección nacional de Galiza Nova. Foi concelleira de Cambados entre 1991 e 2005. Tralas eleccións autonómicas de 2005 foi nomeada delegada da Consellería de Innovación e Industria na provincia de Pontevedra. Tralas eleccións autonómicas de 2009 foi nomeada membro do consello de administración da CRTVG. Forma parte do Consello Comarcal do Salnés do BNG e actualmente é Secretaria de Organización do BNG.
Colabora coa publicación Terra e Tempo.
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: