2 de abr. de 2012

DUOS CAMBADESES PROTAGONISTAS DOS GALARDONADOS POR DIARIO DE AROUSA

O xurado dos premios Arousáns do Ano, tendo en conta as suxestións dos lectores do Diario, decidiu galardoar á asociación Por Dereito de Cambados representada por Cuca da Silva Rubio e a iniciativa cidadá por Paula en Acción Social; ao carrilexo Manuel Diz e a Xosé Luís Axeitos no apartado de Cultura; a María Vilas e a empresa Vitaldent no ámbito deportivo; ao IES de Caldas en Educación; a Franco Quintáns e o Consorcio do Comercio do Salnés en Economía sendo o seu presidente o fotografo cambadés Marcos González; e a
Semana Santa de Paradela en Turismo. O empresario natural de Vilagarcía e fundador de Frinsa Ramiro Carregal foi nomeado Arousán de Honra.  Por Dereito precisamente hoxe  vai “teñir” de azul novamente a escultura de “naiciña” na praza de Asorey de Cambados e está a facer unha labor polo autismo na comarca impresionante, no que respecta a Marcos Gonzalez destacou entre outra cousas por enfrontarse o intransixente alcalde de Vilanova Gonzalo Durán polo Alcampo de San Miguel,  ainda que perdou no pulso.
                    

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.




Ningún comentario: