Por desleixo e omisión, o Goberno de Feijóo ten responsabilidades. Quen impulsa un modelo insustentábel para o monte galego, ten responsabilidades. Quen prioriza os intereses empresariais e especulativos en áreas protexidas (ver a Serra do Galiñeiro, o caso máis recente) ten responsabilidades. As fragas aínda arden pero nese lume deben arder tamén as culpas dos responsábeis. Os desalmados que, presuntamente, prenderon o fogo, e os que, insisto, por desleixo e omisión, permitiron esta catástrofe. Hoxe luns hai convocadas protestas polas Fragas do Eume e contra as mentiras da Xunta. Poida que non sexa o momento de procurar culpábeis, alguén opina que hai cousas máis urxentes. Pero nada vai mudar, en calquera caso, cando o lume se
dea controlado. Os culpábeis seguirán aí: uns prendendo o monte e outros sen faceren o que deben facer para impedilo. E nós temos a obriga de proclamalo.
dea controlado. Os culpábeis seguirán aí: uns prendendo o monte e outros sen faceren o que deben facer para impedilo. E nós temos a obriga de proclamalo.
O BNG, entre outros ven a sumarse a estas concentracións, que xorden da propia sociedade galega, quer mostrar que partilla a indignación social ante o abandono do noso monte e a neglixente falta de previsión por parte dun Goberno galego que, pese á seca que sofremos este inverno, non activara aínda ao 100% o dispositivo de precampaña de loita contra os lumes.
Lugares e horas:
* A Coruña: 20,30 h, Cantóns, no entorno do Obelisco.
* Lugo: 20:30 h., fronte ao Concello.
* Ourense: 20:30 h., Praza Maior, fronte ao Concello.
* Pontevedra: 20:30 h., Praza da Ferrería.
* Santiago de Compostela: 20:30 h., Praza do Obradoiro.
* Ferrol : 20:00 h., Praza de Armas.
* Foz: 20:30 h., diante da delegación de Facenda.
* Betanzos: 20:30 h., diante do Concello.
* Vilagarcía de Arousa: 20:30 h., na Praza de Galiza.
Todas as concentracións son hoxe luns 2 de abril.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario