2 de abr. de 2012

O PASEO VIRTUAL DAS ESCULTURAS, UNHA OBRA DE EMMANUEL JOVEN


A partir dunha publicación que fixo Maribel Iglesias no blog adicadado a Francisco Asorey, escultor de cuna cambadesa, Enmanuel pensou en algo mais dinámico para facer este paseo. Deste modo querenos facer partícipes a todos  dunha presentación ca que poderedes recorrer Cambados e ver as esculturas facendovos unha idea da súa situación dentro da zona centro do noso pobo.
Para vela solo tedes que ir premendo nas flechas que hai na parte inferior dereita cara á dereita e iredes viaxando por este paseo virtual e lendo as anotacións que Maribel fixo no seu blog e que Emmanuel  transcribiu.
Sen mais, deixovos con este paseo virtual, disfrutadeo e grazas a Emmanuel por facelo.
Preme AQUÍ para acceder o paseo virtual. 

Ningún comentario: