14 de abr. de 2012

EGIDIO VARELA, TODO UN ICONO NA CAIXA, XUBILASE.

A verdade é que non sei se darlle os parabéns, se sentir envexa, ou si nada mais velo darlle un abrazo.  Egidio para  min é unha desa persoas a que admiras, queres, e pese a non estar xuntos diariamente é para min algo mais que un amigo, e unha persoa ca que compartin moitas pasaxes da miña vida, e sabes que sempre está ahí para o que faga falta.. Compartin con Egidio parte das nosas  vidas dende que eramos nenos ate o de agora. Veñenme a miña mente imaxes  inesquecibles como aquela atacada as fresas a de Señorita Pita, cando Egidio deixou un xersey atrás e fumos descubertos levando unha tunda na famosa academia Valle Inclán onde fumos coñecidos como “Los hombres de las fresas”, toda etapa da Juventud TAC onde fumos moi felices e el coñeceu a que hoxe é a sua muller Enma, axudamos a fundar o Xuven
onde él foi secretario mais de 25 anos e onde compartin directiva con él, a nosa etapa nos xuvenís do Cambados, e despois os nosos avatares polo antroido e pola Festa do albariño. Egidio é meu quinto  , e  por razóns que el valorou xubilase, deisa unha entidade onde como Manolo Pillado era todo un icono, empezou traballando en Caixa Pontevedra, que anos mais tarde se fusionou con Caixa Ourense e Caixa Vigo, logo pasou a ser Caixa Nova e agora Nova Banca Galicia, pero el sempre estivo ahí axudando e informando a xente sempre que poido, sen mácula no seu traballo, sempre foi un home cumplidor e exemplar. No aspecto personal unha gran persoa, simpatico como el solo e feliz sempre o carón da sua muller e da sua filla Alba.  Sabes caro amigo que te desexo o mellor, que sempre te admirei que te quero e que me tes para o que faga falla. Unha aperta e de seguro que seguiremos a pasar anacos moi agradables xuntos, ainda somos “uns rapaces”. Unha grande aperta.
                         
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: