16 de abr. de 2012

O PP VAI CONVERTER O ESTADO DAS LIBERTADES NUN ESTADO DICTATORIAL. DE AQUÍ O FASCISMO , UN PASO.

O Ministro do Interior Jorge Fernandez do PP dinos que a reforma do Código Penal prevé unha pena mínima e prisión provisional para quen convoquen manifestacións que sexan consideradas como "violentas" por Internet.
Tamén se criminaliza a protesta civil cualificando a resistencia pasiva como "delito de integración en organización criminal" que poderá ser penado ata con 4 anos e prisión provisional.
Ante esta reforma é importante recordarlle o ministro pepero o Artigo 21 da Constitución Española:
1. Recoñécese o dereito de reunión pacífica e sen armas. O exercicio deste dereito non necesitará autorización previa.
2. Nos casos de reunións en lugares de tránsito público e manifestacións darase comunicación previa á autoridade, que só poderá prohibilas cando existan razóns fundadas de alteración da orde pública, con perigo para persoas ou bens.
O Estado español debe garantir que as persoas poden protestar de forma pacífica, difundir información e criticar aos propios gobernos respecto da protección ou promoción dos dereitos humanos.
Estas reformas atemorizan á poboación, e impúlsalles a non protestar e aceptar a perda de Dereitos Fundamentais que se impulsa desde os mercados financeiros, coa complicidade de institucións europeas, españolas e internacionais.
Aprobar leis que foron derrogadas fai 50 anos non significará maior seguridade para os españois, nin sequera para os que non protestan. Significará aumentar a crispación, a protesta e obxección de conciencia ante os abusos que maltratan ás persoas máis débiles da nosa sociedade.
Sr. Ministro, non apague o lume con gasolina. As Institucións están para defender aos cidadáns ante os poderosos, non para axudar aos poderosos a crebar a dignidade das persoas. Se non acepta argumentos lóxicos e razoables, polo menos, lea os seguintes tratados internacionais, que son vulnerados pola súa reforma, e en cuxo fundamento será denunciado o Reino de España por Violación dos Dereitos Humanos.


Artigos 6, 8 da Declaración da ONU sobre os Defensores dos Dereitos Humanos 
Artigo 19 e 20 da Declaración Universal de Dereitos Humanos 
Artigo 6, 8, 12, 19 e 22 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos 
Artigo 10 e 11 do Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos 
Artigos 1, 5 da Declaración da ONU sobre os Defensores dos Dereitos Humanos 

                          
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: