9 de abr. de 2012

O ALCALDE FOLE DO PP DE VILAGARCIA MANDA MULTAR A MAIS DE 60 COCHES NUNHA SOA TARDE.

A indignación era onte palpable na contorna do campo de fútbol Manuel Jiménez onde, desde o xoves, dispútase o torneo Arousa Fútbol 7. Só pola tarde máis de 60 vehículos estacionados na contorna do terreo de xogo foron sancionados por axentes da Policía Local. 
Onte foi unha das xornadas máis concorridas polo que todas as prazas de aparcadoiro existentes na zona exterior do campo quedaban curtas para acoller a todos os coches que se desprazaron ata o lugar. Por iso algúns tiveron que recorrer a aparcar encima da beirarrúa porque non había máis espazo próximo ao campo de xogo. Entre os sancionados habia algún que outro cambadés.
Os condutores que, ao saír do campo, atopáronse co panorama non daban crédito ao que vían dado que entendían que os axentes da municipal estaban actuando por “puro afán recadatorio” baixo
as ordes estrictas do alcalde Fole,  segundo o que se escoitaba na contorna.
Os propietarios dos coches estacionados lamentábanse porque entendían que os seus coches en ningún momento molestaban e que o paso pola beirarrúa era posible a pesar de que parte das rodas tamén estaban encima da beirarrúa.
O certo é que a xornada do domingo saíulles cara a moitos dos que quixeron gozar coas grandes promesas do fútbol neste campo pegado ao estadio deportivo de Fontecarmoa. Cada un deles levou unha papeleta a casa coa obrigación de abonar 60 euros.  A organización Arousa futbol 7 está a examinar si isto trátase dunha venganza  ou atende a outras razóns, o que si está a claro é que a misión do Alcalde Fole era proporcionar aparcamentes perante a avalancha de visitantes.
                           
                                      
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: