9 de abr. de 2012

UNHA EMPRESA DE CAMBADOS PREMIADA EN MADRID

26 anos fai xa desde a primeira edición do salón de Gourmets, sempre con Madrid como sede. A pesar da crise, este 2012 sorteou con bo pé os malos presaxios que auguraban algúns e mostrou a súa boa saúde, aglutinando 1.056 expositores e máis de 30.000 produtos expostos, dos cales ao redor de 900 foron novos. Unha feira de 18.300 m2, que este ano foi visitada por 74.168 profesionais.
Como toda feira é tamén un momento de encontro e festividade, aproveitáronse para entregar os Premios: XXXV Aniversario Revista Club de Gourmets, os I Premios Salón de Gourmets, (un recoñecemento a todas as persoas que apoiaron ao Salón desde os seus inicios), o V Premio Picota do Jerte e os Premios Guía Gourmets 2012 aos Mellores Viños de España. A continuación a relación dos gañadores.
O Premio á Innovación: foi para Real Conserveira Española de Cambados , polas súas conservas de peixe en aceite de oliva virxe extra con tuber magnatum pico e tuber melanosporum.


                            
                                         
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: