20 de abr. de 2012

O BNG "PONSE AS PILAS" NO SALNÉS

Onte xoves a militancia do BNG do Salnés participou dunha asemblea comarcal que contou coa presenza dunha delegación da Executiva Nacional encabezada polo portavoz nacional Guillerme Vázquez e polo candidato à presidencia da Xunta de Galiza Francisco Jorquera; na mesma ademais de analisar a situación interna do BNG valorouse a situación política nacional e comarcal marcada pola crise económica  e a política de recortes aplicada polo PP
considerándose como moi positivo o traballo realizado nos últimos meses pola nosa organización, que ten contribuído a aumentar o nivel de rexeitamento social á política da dereita.
Nas distintas intervencións que se produciron no transcurso da asemblea a militancia  fixo fincapé na necesidade de aprofundar aínda máis no contacto directo cos veciños e veciñas como mellor xeito de dar a coñecer as propostas do BNG para combater a crise, mellorar a nosa economía e manter uns servizos públicos de calidade. Tamén se sinalou a importancia, sempre pero máis en momentos de crise económica e social como o actual, de afortalar o nacionalismo pois un BNG activo institucional e socialmente é  a única garantía en Galiza para enfrontarse à dereita.
As diversas propostas realizadas pola militancia foron recollidas desde a mesa e serán analisadas na vindeira reunión do Consello Comarcal  cara incorporalas na planificación de traballo do BNG do Salnés.
Informouse tamén os militantes que despois da grande campaña de prensa sobre todo de certo periodico curñes en contra do BNG, apenas se perdeu un 12% da militancia e o mais curioso é que algúns sairon no devandito periódico ata dez veces decindo que se ian do BNG.
A asemblea discorreu con toda normalidade dentro da paz e harmonia que agora reina dentro do BNG, como dixo un dos militantes que interviu "Por fin podo falar tranquilo nunha asemblea do BNG do Salnés, sen medo a que me lancen unha coitelada dende atrás". 


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: