![]() |
| Henrique Vieitez |
ACTO INFORMATIVO O VINDEIRO LUNS EN VILAGARCÍA SOBRE A ESTAFA DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES
O vindeiro luns día 23 ás 20:30h. na sede comarcal do BNG (R/Edelmiro Trillo, 19 oficina B)celebrarase un Acto Informativo sobre a estafa das participacións preferentes; no mesmo falarán o responsábel-portavoz comarcal Xoán Allegue e o deputado no Parlamento Galego Henrique Vieitez.
Este acto é aberto polo que se coñecedes a algunha persoa afectada ou preocupada polo tema podedes convidala. Neste mesmo blog xa informamos o outro día decindo que o BNG tiña previsto informar os afectados e vaino o facer o día antes citado.
É indiscutíbel que a Xunta de Galicia ten mecanismos legais e políticos para obrigar ás entidades bancarias a devolver os cartos aos afectados. Se non o fan é porque Núñez Feijoo e o Partido Popular amosan a súa submisión aos poderes financeiros.
Ademais, aínda hoxe hai moita xente que descoñece esta realidade e estamos certos de que hai persoas estafadas que non saben que teñen os seus cartos bloqueados nas chamadas participacións preferentes.
Os afectados, entre eles varios cambades, atópanse coa censura e co desprezo por parte da Xunta de Galicia e do seu presidente Feijoo.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario:
Publicar un comentario