Xavi Castelo, humorista valenciano, adoita interromper os seus monólogos, normalmente abarrotados de público, facendo unha pregunta moi sinxela: aquí alguén do PP ten que haber, porque se non...¡non me saen as contas!. O mesmo pasa en Cambados ningén recoñece que vota PP agás o facha de quenda, pero sempre quitan maioría absoluta.
E segue .... quero falar dun dos fenómenos máis estraños, do xa de seu, estraño
comportamento humano. É un fenómeno que non por estraño deixa de ser en grao sumo habitual e pódenos achegar moita luz para entender como puidemos chegar a ter o panorama político actual.
comportamento humano. É un fenómeno que non por estraño deixa de ser en grao sumo habitual e pódenos achegar moita luz para entender como puidemos chegar a ter o panorama político actual.
Os últimos estudos sociolóxicos que se realizaron demostran a existencia do raro fenómeno dos 're-peperos' (PPPP = do PP, Pero Pobre). Son unha tipoloxía de persoas que desafían todas as leis do entendemento e a lóxica humana. Son persoas de clase media-baixa, traballadores, asalariados de toda a vida e con soldos de merda que votan insistentemente ao PP.
Non hai que confundir aos 'peperos' (xente que vota ao PP para defender os seus propios intereses) cos 're-peperos' (que tamén votan ao PP e ninguén entende por que).
É un grupo moi mimetizado dentro da sociedade e a primeira ollada pasan desapercibidos. Pero cun pouco de atención son facilmente identificables.
O primeiro que necesitamos para localizalos é un pequeno cuestionario como o seguinte:
*Ante calquera pregunta sobre a actualidade política eles dirán que 'non entenden de política' . Pero curiosamente, votarán ao PP (o que confirma a súa premisa de que, efectivamente, non entenden de política).
*Se lles preguntas que opinan sobre os casos de corrupción dos políticos, eles responderán que 'todos os políticos son iguais'. Pola contra, a resposta será moi diferente se o político corrupto é
do PSOE.
*Se lles preguntamos sobre o paro e a situación laboral do país non tardarán moito en sacar o recorrente tema dos inmigrantes. Teñen unha enfermiza animadversión cara a todos aqueles que o pasan aínda peor e atópanse nunha situación bastante máis desfavorecida.
*Se logo destas preguntas, notades unha certa incomodidade, é normal. Tede en conta que esta xente son da teoría de que nesta vida máis vale 'non identificarse' . Claro que grazas, a esta útil guía acabóuselles o tempo do anonimato.
Unha vez identificado a suxeito 're-pepero' é importante entender a que se debe este estraño comportamento e que causas son as que o provocan.
*A catarse do lameculos: Fenómeno psicolóxico polo cal, persoas da clase media-baixa con recursos económicos limitados, acaban pensando que se están cos que teñen o poder e o diñeiro 'algo acabará pegándose'. E a pesar de que xamais ven o máis mínimo resultado ao longo de toda a súa vida,
continúan apoiando aos ricos e aos poderosos.
*A catarse do desgraciado: Este desviamiento psíquico está inversamente relacionado co anterior e polo mesmo proceso mental polo que pensan que a riqueza pódese pegar, tamén cren que a pobreza pódese contaxiar. É por este motivo que estes suxeitos desenvolven unha enfermiza animadversión cara a aquelas persoas que aínda son máis pobres que eles, como marxinados, inmigrantes, etc...
Da convivencia destas dúas catarses na psique destes suxeitos derívanse actitudes como as de desprezar o ensino público e querer levar aos seus fillos a colexios privados.
E por se isto fose pouco, tamén padecen a Síndrome de Estocolmo, xa que se atopan mellor se apoian a aqueles que axiña que como poidan, e grazas aos seus votos, recortarán os seus dereitos, endurecerán as súas condicións laborais, e foderanlles todo o que poidan. Eles felices e contentos.
(Tamén hai algúns psicólogos que ven influencias de prácticas masoquistas que máis aló do sexo gozan infligiéndose dores sociais e económicos.)
Con todo isto, agora xa sodes capaces de localizar aos re-peperos e recoñecelos.
Tamén os poderedes recoñecer polo tufo a rancio.
E pola miña banda, engado unhas estrofillas de Don Antonio Machado, que polo visto, durante a súa vida tropezouse con máis dun desta especie:
Este home non é de onte nin de mañá
É un froito da cepa hispana
Non é unha froita madura nin podrecida
É unha froita va
... de modo que non vos vaiades a confundir, non é unha especie en risco de extinción..
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
1 comentario:
Que bien os lo habeis trabajado. mis felicitaciones.
Mila Abal
Publicar un comentario