3 de abr. de 2012

O COMEDOR DO MAGARIÑOS NON RECIBE NINGUNHA AXUDA NIN DO CONCELLO NIN DA XUNTA, PESE A QUE LLAS PROMETERON.

Recentemente  estreouse o comedor do Colexio Magariños de Cambados, a xa se están a colgar medallas Luis Aragunde e compañía, mais dun pai esta medio mosqueado, xa que o comedor é un lobro íntegro da AMPA de Magariños senón chega a ser por eles este comedor non existiria. Trece nenos xantan, polo de agora, cada día no centro escolar de Cambados, atendidos por un membro do cateríng e unha nai da AMPA que voluntariamente e altruistamente fai as
veces de camareira. O máis triste de todo esto e que as prometidas subvencións de Aragunde e do Concello de Cambados e da Xunta seguen sen chegar e por moito tempo, mentras son os propios pais os que sufragan os gastos ate o de agora e por informacións dalgúns deles o comedor está a funcionar de marabilla. 
Lembremos que o BNG tiña unha ambicioso proxecto que foi mal copiado polo PP. O BNG propoñia a construción dun comedor escolar centralizado e ubicado nos terreos do Colexio “Antonio Magariños”. A desafectación de terreos no citado colexio permitiría dispor dun lugar axeitado para a creación deste servizo que debería cubrir esta demanda para todos os centros de ensino de Cambados xa que sería inviable a construción de comedores escolares nos diferentes colexios do noso concello. Así mesmo, os novos terreos, permitirían a construción dun pavillón escolar e a ampliación das zonas de lecer do alumnado. Tamén ian incluidas neste interesante e vasto proxecto a construcción de aparcamento que solucionaria así en parte o problema do edificio dos xulgados que queda perto deste Colexio.
Adesafectacións dos terreos anexos o grupo, donde están as “famosas casas dos mestres”, foi, é será un dos obxectivos da Ampa, como xa se fixo en Meaño e Vilanova de Arousa. Son anacrónicas estas casa no centro do pobo.
Preme AQUÍ para ver unhas imaxes do comedor.

                                      
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: