3 de abr. de 2012

SEGUNDO CUCA DA SILVA A ADMINISTRACIÓN DEBE ESFORZARSE NO PROBLEMA DO AUTISMO

Coro Municipal (Foto Mariña Charlin)

Cuca dá Silva é a presidenta da asociación Por Dereito que desde 2007 loita por facer visible a problemática do autismo para que os nenos que o padecen non queden illados e poidan desenvolver as súas capacidades. Naceu ao amparo da entidade vilagarciá BATA que ofrece asistencia ás familias e, de feito, a maioría das súas 70 asociados son orixinarios do Salnés pero tamén hai moitos da zona de Vigo e Tui e algúns de Ourense e A Coruña. Son máis de cinco anos de traballo cos seus altibaixos pero sempre con
optimismo porque os seus logros xa son palpables, a sociedade cada vez está máis concienciada e onte foron moitos os cidadáns que colgaron globos azuis como símbolo polo Día da Concienciación do Autismo. Con todo, dá Silva asegura que aínda queda moito por facer e cre que a administración debe esforzarse porque “por desgraza, cada vez hai máis casos”. 
Victor Caamaño tamén asistiu o acto
Onte diante de naiciña “azulada” en Cambados  tivo lugar un entrañabel acto o que asistiu numerosisimo público e entre os asistentes atopábase o portavoz do BNG de Cambados Victor Caamaño.  Despois da lectura por un rapaz da asociación de xeito brillantisimo e cunha voz de locutor de radio, e despois das verbas do Alcalde de Cambados e da propia Cuca actuou parte do coro muncipal de Cambados que tamén estiveron brillantes.
Cal cre que foi o principal logro da asociación desde o seu nacemento?
Un dos obxectivos  de Por Dereito e dar moita visibilidade á problemática do autismo .
Sempre fai moito fincapé en que non se trata dunha enfermidade, existe tanta confusión?
Si. A enfermidade ten cura, tratamento... O autismo é un trastorno polo que o desenvolvemento neuronal non é igual ao do resto, ao normal, entre comiñas. Unha das cousas polas que loitamos aquí é derrubar estes falsos mitos sobre o autismo que veñen dadas, sobre todo, polo que se ve no cine como que son persoas insensibles, agresivas, etc. De feito, recentemente conseguiuse cambiar a acepción recollida no dicionario da RAE que estaba obsoleta.
Hai moito descoñecemento pero os casos van en aumento.
Por desgraza si. En España, segundo o prestixioso Instituto de Saúde Carlos III, nace un neno autista por cada 150 alumeamentos, cada vez vai a máis e sen saber as súas causas. Apúntase moito á incidencia de contaminantes ambientais pero non hai un estudo que indique o motivo exacto.
Cuca da S
Cales son os sinais de alarma para detectar se un neno ten autismo?
Parece que o neno é xordo, o desenvolvemento da comunicación é atípico, ten medos a estímulos ambientais, etc. Ás veces dise, xa o fará pero non, ante estes sinais débese actuar.
E a partir de aquí, que deben facer os pais?
Acudir sempre ao servizo de pediatría e buscar unha asociación para confirmalo ou descartalo.
Entón, a sanidade pública non ofrece a posibilidade de confirmar o diagnóstico, sempre hai que acudir a unha asociación especializada?
Si. No noso caso, eu falei co pediatra e contestou que lle parecía que si. Os médicos non se atreven a dar un diagnóstico certeiro aínda que xa se avanzou moito. As asociacións teñen persoal cualificado para aplicar tests que poden confirmalo ou descartalo.
E agora que se fala de recortes, a asociación tamén se ve afectada?
Claro que nos afectan, a terapia con BATA pagabámola os pais pero estaba subvencionada e agora tiveron que subila ao custo real e é moi elevado.
Algunha familia tivo que prescindir da terapia por non poder asumir o custo?
Si. intentamos buscar solucións para as familias con menos recursos pero é moi difícil. Derivámolos aos servizos de dependencia pero aquí tamén existe a tendencia ao recorte e atopámonos con que os nenos moi pequenos, con graos moi baixos, non teñen dereito a axuda.
O neno poderá levar unha vida adulta normal co seguimento adecuado?
O de vida normal é moi relativo pero si desenvolverá as súas calidades ata onde el poida, como sucede con calquera ser humano e a comunicación é primordial. Temos que buscar sistemas alternativos e aumentativos da comunicación con iniciativas como os pictogramas.

                    
                                      
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: