14 de abr. de 2012

O CONCELLO DE CAMBADOS NON TEN UN PESO

Luis Aragunde como Julian Muñoz
"un alcalde vido a menos"

Está claró que os gobernantes do concello de Cambados, ou o que é dicir o mesmo o PP está baixo mínimos tanto en ideas como en cartos. A situación económica do concello ten que ser moi delicada cando se están a reclamar, tal e como nos amosa o BNG no seu blog, taxas de ate fai cinco anos a personas que non usan a rede de sumidoiros. Varios veciños de Cambados  que levaban multitude de anos
sen usar este servizo, porque dispoñian de fosa séptica,  agora vense na diatriba de ter que pagalo porque o concello de Cambados non ten un peso, evidentemente non reclaman todos os anos dende que está instalado o servizo senón os derradeiros cinco xa que os anteriores están prescritos e nos podrian reclamar, así o BNG ven de presentar un escrito por rexistro de entrada que aparte de poder ver no se blog podelo ver reproducido a continuación:
""Víctor Caamaño Rivas, con DNI nº 35437835X, portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados,
EXPÓN: que desde hai uns días, veciños e veciñas de Cambados estiveron a trasladarlle ao grupo municipal do BNG a súa preocupación porque a empresa adxudicataria do servizo de sumidoiros, “Espina & Delfín”, está a esixirlle o pago de atrasos das taxas por este concepto (liquidación de taxas do servizo de sumidoiros) por períodos de tempo de ata hai cinco anos e que, ademais, algúns destes usuarios contan con fosas sépticas xa que as súas vivendas foron construídas con anterioridade á rede de saneamento e ditas casas non están, a día de hoxe, conectadas a dita rede polo que non tiñan coñecemento da esixencia de pago das taxas por sumidoiros. Así mesmo, suponse que a citada empresa non está a reclamar atrasos de taxas por períodos de tempo superiores aos 5 anos porque xa estarán prescritas, pero o que non entende o BNG nin os veciños e veciñas,  é a razón pola cal a empresa non esixiu no seu momento  a cobranza  das taxas do servizo de sumidoiros e o fai agora cando os montantes económicos por determinado número de anos de atrasos comprenden cantidades totais considerables, nun momento no que ademais, como vostede sabe,  a situación económica das familias está a pasar por unha situación do máis delicada, polo que
SOLICITA: coñecer;
1.- Porque non se lles comunicou, oficialmente, a data en que cada veciño ou veciña debería comezar a pagar os recibos por este servizo, independentemente de que as súas vivendas estiveran ou non conectadas á rede de saneamento municipal?
2.- Porque non se lles cobrou no seu momento os recibos por taxas de sumidoiros correspondentes a cada período semestral?
3.- Por que se toma, xustamente neste momento, a decisión de esixir o cobro dos atrasos das taxas  por  períodos de ata cinco anos e non se fixo cando a oficina recadatoria tivo coñecemento dos primeiros impagos?
4.- Que facilidades de pago concederá a empresa adxudicataria do servizo de sumidoiros aos veciños e veciñas que teñan acumulados varios anos de atrasos?
En Cambados a 12 de abril de 2012
Asinado: Víctor Caamaño Rivas
SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBADOS""
                          
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: