25 de abr. de 2012

O HOTEL OS PAZOS TESTEMUÑA DO NACEMENTO DA “ASOCIACIÓN CULTURAL ASOBLOG SALNÉS"

O vindeiro sábado día 28 de abril ás 17 horas o Hotel Os Pazos pode ser testemuña do nacemento da “ASOCIACIÓN CULTURAL ASOBLOG DO SALNES". Esta Reunión é xa para aprobar os estatutos e probablemente presentar  a nova directiva. Defino o seu  Artigo 5º cales son os fins principias  deste incipiente  asociación:
a.- Agrupar a bloggers do Salnés, en diferentes disciplinas.
b.- Organizar formación, xornadas, seminarios, eventos.
c.- Realización de proxectos de promoción xuvenil. Promover a participación social da  xuventude  na  nosa  comunidade  (mediante  actividades  que  potencien  a educación para a participación e que fomenten valores cívicos e democráticos).
d.- Programas  e  actividades  culturais  (conferencias,  coloquios,  xornadas….). Promoción  e  cooperación  cultural.  Difusión  e  animación  sociocultural  que contribua o esparcemento e promoción da cultura galega.
e.- Programas e actividades relacionadas cos temas dos que falan os blogs asociados.
 Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:
a.- Xornadas de formación, seminarios, eventos, conferencias e coloquios e b.-Concertos musicais, actividades deportivas, concursos, sorteos. ¡¡¡ANIMADEVOS E UNIDEVOS!!!


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: