25 de abr. de 2012

MAÑAN PLENO NO CONCELLO AS 21 H., A SUBESTACIÓN DE ALTA TENSIÓN NA POLEMICA

OS VECIÑOS PAGARÁN ESTE ANO 297.000 EUROS MÁIS EN IMPOSTOS MUNICIPAIS QUE EN 2011 
Aparte do importante e vital tema da Estación de Alta Tensión que o concello quere permitir  facer no Pardiño en Vilariño e do que falamos e informamos abundamentemente neste mesmo blog, tamén hai outros temas importantes no pleno, o orde do día  como é Aprobación inicial d orzamento municipal para o ejercicio 2012. O concello de Cambados, gobernado inoperantemente por Luis Aragunde espera ingresar este ano 297.000 euros
máis que en 2001 desangrandonos con cobros de impostos directos e tasas a todos os cambadeses. O debate neste aspecto promete estar interesante. O Goberno local prevé recadar máis de 4 millóns de euros mediante o cobro de impostos e taxas municipais, o que supón uns 297.182 euros máis que no exercicio anterior. 
Este incremento débese, principalmente, á subida aplicada ao Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Para gobernar asi era mellor quedarse na casa. Grazas o PP e atendendo ao Real Decreto do Executivo de Mariano Rajoy, este recibo custará uns 30 euros máis que en 2011, o que suporán 270.000 euros máis para a arcas municipais no ano 87 por unha subida menor o partido no poder deu pouco menos que un golpe de estado cuxos videos podes ver neste blog. 
Por outra banda, espérase unha caída importante nos gravames referentes á construción. Concretamente, uns 20.000 euros menos por licenzas urbanísticas (130.000 euros) e uns 7.000 pola comisión de infraccións nesta materia (o pasado exercicio recadáronse 8.000 euros), grazas a inoperancia do goberno de Rajoy que o único que saben é recortar, eso si menos no que é o capitulo de alcaldia que lle custa os cambadeses preto de 12.000 euros mensuais.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: