26 de abr. de 2012

REIS SEN MONARQUÍA, UN ARTIGO DE MARTIN COBAS

Reis e raiñas  dun pais son todos aqueles  homes e mulleres que se levantan todos os días as seis o sete de mañá, volvendo logo os seus fogares  as tres ou catro da tarde para se cadra gañar un raquítico xornal, do cal saen case sempre excesivos impostos cos que se goberna a nosa nación.
Raínas e reis  dun pais son todas aquelas persoas que defenden a diario con uñas e dentes alí onde se atopen, a súa cultura, a súa lingua, as súas tradicións, os seus  valores éticos e morais sen desprezar xamais os de ninguén, e llos transmiten con fe e devoción as súas vindeiras xeracións.
Reis  e raínas dun pais son todas aquelas persoas que nos seus pazos, vivendas, pisos ou casas, non teñen nin queren escudos heráldicos brasonados ou de armas, , nin roñentas e escravizantes liñaxes que lle dean bula para practicar feudalismos salvaxes que asoballen os seus presentes  e futuros habitantes.
Infantas e infantes dun pais son todos aquelas fillas e fillos das humildes  xentes dunha terra que dan vida, alegría e sorrisos os fogares, escolas e a toda nosa sociedade, tendo o deber, nós, os adultos,  de poñer o seu servizo os medios necesarios que estean nas nosas mans para facer  deles un xeneroso futuro e a columna vertebral onde se asente unha sociedade xusta para partir con equidade entre todos as riquezas e os recordos naturais da nosa terra.
Raiñas e reis  dun pais son todas aquelas persoas  que a pesares do seu cargo, non exercen soberanía ningunha tratando a todos e a todas por igual, por enriba de razas, xénero, ideoloxía, "status" social ou relixión.
Reis e raíñas dun pais son todas aquelas persoas que viven e morren no anonimato, entregados día a día os seus achegados familiares, veciñais e de traballo, mal remunerado, sen ningunha clase  de recoñecemento público, nen títulos honoríficos e moito menos medallas a titulo póstumo, enchendas en camposantos de heroes anónimos exentos de mausoleos que destaquen o seu inocente paso pola vida.
Eu  finco e sempre inclinarei mentres viva os meus xeonllos ante todos os “REIS  E RAÍÑAS” do pobo sen coroa, os vosos liñaxes son e sempre serán a loita coa vida, a cordura, o senso común, a honradez e a razón. Os vosos brasonados escudos de armas o sufrido e bravo corazón.
A nación galega ten a honorable honra  de ter milleiros de xentes coma vos. “reis  e raínas” sen monarquía nin coroa, namorados do chan que pisan polo cal teñen verdadeira paixón.
MARTIN COBAS, TROVADOR DOUTRO SÉCULO.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: