20 de abr. de 2012

O PP IMPEDIRÁ A MOITOS CAMBADESES IR A UNIVERSIDADE DEBIDO A DESCOMUNAL SUBIDA DAS TAXAS.

Que mais lle da a eles se nadan nos
cartos.

Si xa a cousa estaba mal económicamente o PP ven a poñer outra puntuilla os cambadeses que queren estudar o incrementar prácticamente o 50% as taxas universitarias. Moitos profesores e axentes universitarios , así como alumnos non dubidaron en cualificar de “brutais” os recortes no ensino público anunciados polo goberno do PP e advirten de que “o único que perseguen é pecharlle a universidade aos fillos das clases populares”.Estes novos recortes
demostran que o PP está a facer do incumprimento o seu comportamento desde que asumiu o goberno no Estado.
Cando o PP estaba na oposición no Estado fixo bandeira da necesidade de mellorar a calidade do ensino e agora atopámonos cunha suba brutal das taxas universitarias, cunha redución drástica das bolsas para os estudantes e cun incremento do número de alumnos por aula do 20% e cunha redución do número de profesores.. Este novo recorte súmase aos continuos ataques do PP ao sistema de benestar.
Unhas medidas do goberno de Rajoy e tamén do de Feijoo que pretenden converter os servizos públicos, como a sanidade e a educación, en servizos asistenciais, para que os sectores sociais con cartos subscriban unha mutua sanitaria privada e leven os seus fillos ao ensino privado.
Con estes recortes ao ensino público o goberno do PP adopta un modelo universitario elitista, pechando a universidade aos fillos das clases populares..
Este ataque á calidade do sistema universitario ao Parlamento galego, a través dunha batería de iniciativas tanto de control como de impulso para garantir o mantemento da igualdade no acceso ao ensino superior.
A través do seu deputado Carlos Aymerich, o grupo nacionalista reclamará que a Cámara inste ao goberno da Xunta a incrementar o financiamento público destes estudos até acadar a media estatal en 2015 e a da UE no 2020.
As medidas adoptadas polo ministro Wert, a actitude “sempre servil” do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez (con Luis Aragunde nas fotos), e o seu intento de desviar cara os reitores a responsabilidade dunha medida “que ten un selo claro: o do Partido Popular”.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: