20 de abr. de 2012

XUVEN, AS CURTAS E TREIXADURA POR ESTE ORDEN, PROTAGONISTAS DUN SABADO TOLO

Mañán  sábado é un día tolo  debido os importantes actos que están previsto para a tarde noite, así comenzamos ben cedo, as 17.30 horas no Pavillón do Pombal onde Xuven esperemos dea boa conta do Torrelavega o que xa venceu no partido de ida por un punto, salvo desgraza o pase de aliminatoria é un feito, esperamos por certo que desta vez funcione ben o protocolo no palco. Logo sen mais tempo curtas no Auditorio, as entradas para acudir ao FIC 2020 (Festival Internacional e Itinerante de Curtametraxes) podian reservarse no
perfil social de Facebook de Nortcultura, a asociación organizadora deste evento que proxectará 39 curtametraxes os próximos días 20 e 21 na Xuventude. A iniciativa contempla traballos de autores consagrados e noveis a prezos populares. Comezará o venres 20 pola tarde con tres diferentes sesións: ás 19, 20:30 e 22 horas; e continuará o sábado con outras tres no mesmo horario. Cada sesión constará de 6 ou 7 curtametraxes e o prezo de éntralas dependerá do número de sesións ás que se asista: Unha custará catro euros, dous, seis euros, e as tres custarán oito euros. Estas pódense adquirir en despacho de billetes antes de cada sesión ou reservar entrando no Facebook de Nortcultura, onde se tamén se pode optar a ofertas e promocións. Entre os títulos que se proxectarán están “Sentidos” de Diego López, “Quen é Florinda Bolkan” de Rubén Torrexón, “The Homogenics”, de Gerard Freixe- Ribeira ou “O xinete austero”, de Nacho Albert, por nomear algúns.
Para os futboleros ás 20.horas unha vez mais o derbi Barsa-Madrid, e nada mais acabar o mesmo ninguén pode faltar o concerto de Treixadura en Vilagarcia de Arousa ás 22.30  horas onde presentarán o seu derradeiro disco “Esa si que é muiñada”, que maneira máis preciosa de rematar un sabado de abril. 


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: