26 de abr. de 2012

O VECIÑO DE CAMBADOS JUAN MACEIRA NA XV CONVENCIÓN INTERNACIONAL DE PAPIROFLEXIA DE BILBAO.

O veciño de Cambados Juan Maceira vai asistir a XV Convención Internacional de Papiroflexia que a Asociación Española de Papiroflexia (AEP) organiza en Bilbao onde afeccionados e profesionais de todo o mundo danse cita para compartir experiencias, aprender novos modelos e técnicas e pasar xuntos un bo anaco dobrando papel. Nesta ocasión a XV Convención como dixemos terá lugar en Bilbao do 28 de abril o 1 de maio de 2012 no Hotel Gran Bilbao onde o domingo día 29,  de 17 a 21 será xornada de portas abertas.
Juan Maceira é un consumado especialista  neste arte da papiroflexia e fai cousas marabillosas, cas que despois agasalla os seus amigos. Juan Maceira foi mestre no Colexio de Santo Tome onde se xubilou recentemente e tamén membro de Volandeira,  é un gran actor de teatro afeccionado. Juan foi un dos derradeiros
chalequeiros da extinta Unha Grande Chea.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: