26 de abr. de 2012

TEMOS TODOS OS DATOS SOBRE O CONCURSO DE PINCHOS DESTE FIN DE SEMANA EN CAMBADOS

Os próximos días 27, 28 e 29 de Abril celebrarase no municipio de Cambados a primeira edición do Concurso de Pinchos, unha iniciativa das Asociación de Comerciantes de Cambados Zona Centro, coa que pretenden impulsar a actividade dos seus socios hostaleiros.
O horario do Concurso será de 12:00 a 14:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas durante a xornada do venres; de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas durante o sábado e domingo. 
Con cada consumición os clientes terán a oportunidade de probar os petiscos e encher un boleto que atoparán nos establecementos participantes para outorgar unha puntuación que poderá ir do 1 ao 5. Cada local selará as papeletas dos seus clientes, de maneira que aqueles que realicen a ruta completa poderán entrar no sorteo de 12 vales de 25 euros cada un para consumir en devanditos establecementos. 
Algúns dos petiscos que se poderán degustar son: 
-polbo á prancha sobre goma 'wakame' 
-carpaccio de lacon con grelos 
-chacina de boi con queixo de Arzúa 'parmesano' 
-pantumaca con ovo e jamoncito 
-dúo de zamburiñas acompañado de lagostinos e vinagreta de mazá 
-tosta de cacheira de porco 'landrán' con rúcula 
A relación de establecementos participantes é a seguinte: 
-A dos Piñeiros, xito na Avda. da Pastora.
-A taberna dos Trasno, sito na Rua Principe. 
-Vago Viños, sito na rúa Principe. 
-A casa de Miguel, sito na Rua Real.
-Parador de Turismo, sito no Paseo da Calzada.
-Vinoteca Ribeira de Fefiñáns, sito na Ribeira de Fefiñans.
O establecemento que obteña máis puntos será o gañador e recibirá unha placa conmemorativa. 


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: