23 de abr. de 2012

OS ALCALDES DE VILAGARCIA E CAMBADOS FAN O SEU PRIMEIRO PRONUNCIAMENTO PÚBLICO SOBRE DA UNIÓN DOS PARTIDOS XUDICIAIS DO SALNÉS

Fole e Aragunde tratan de “arrimar a ascua a súa sardiña”. Fans as súas primeiras declaraciós públicas a Faro de Vigo. Fole apela ao diálogo aínda que salienta sobre a maior poboación mentres que Aragunde expón fundamentos de tipo histórico
Vilagarcía e Cambados teñen razóns para reclamar a capitalidade xudicial se prospera a proposta do Consello Xeral do Poder
Xudicial para a fusión dos dous actuais partidos, a primeira por ser a cidade de maior poboación e a segunda por relevancia histórica na materia.
Estes son os argumentos que manexan os alcaldes Tomás Fole e Luís Aragunde, respectivamente, que non queren desprenderse da posibilidade de ser a cabeceira xudicial se frutifica a proposta de reorganización.
Mentres tanto, os profesionais reaccionan con moito escepticismo e avogan porque todo quede como está; aínda así cren que a vila do albariño ten máis posibilidades á hora de conseguir o obxectivo.
O Secretario do concello de Cambados en excedencia e actual vicepresidente da Xunta, o ínclito Sr. Rueda,  prometeu un novo edificio para Cambados na súa visita os Xulgados  en Marzo do 2010....nada de nada de nada.
Pero no aire queda unha antiga pretensión de Vilagarcía, que pasa por conseguir o cuarto xulgado para aliviar a carga das tres sedes actuais, consecuencia do confuso funcionamento da Xustiza.
Onte, o alcalde vilagarcián, Tomás Fole recalcou que "por poboación e número de asuntos" non se pode pór en dúbida a quen debe corresponder a cabeceira xudicial aínda que recoñece que haberá que facer un titánico esforzo para "lograr un entendemento total e razoable".
Aragunde ten o seu prisma e subliña que "historicamente, Cambados é a cabeceira do partido xudicial e debe seguir séndoo". Tamén argumenta que desde o punto de vista xeográfico "é o centro neurálxico da comarca pois está mellor situada" no mapa saliniense.
O rexedor cambadés é con todo moi escéptico sobre a proposta pois ao seu xuízo o Consello vai ter que valorar se en comarcas como O Salnés "é viable esta iniciativa".
Tomás Fole, pola súa banda, cre que a proposta nace con especial "forza" neste momento no que se fai moi necesario optimizar os recursos". E curioso o de Fole, é neto dun dos Secretarios Xudiciais de mais longa duración no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cambados, foi Secretario dende 1930 ata os anos sesenta D. Dario Fole Malvar pai como sabedes do que tamén foi moitos anos alcalde de Cambados e funcionario Xudicial Joaquin Fole Vilar e que agora él nos discuta a nos supremacía  dos Xulgados non deixa de ser paradoxico. ¡!!Se o seu avó levantara a cabeza!!! 
Cre que se a fusión prodúcese debe ir precedida dun amplo estudo e debate "no que deamos a nosa opinión como representantes políticos".
É preciso pór sobre a mesa, o feito de que a reforma da Lei de Planta xa se expuxo en anteriores ocasións e ata se chegou a falar da construción dun novo edificio xudicial que dese cabida aos sete xulgados de primeira instancia e instrución existentes na actualidade.
Cada vez que se produce a proposta, como ocorreu onte, vívese un gran balbordo nas dúas sedes xudiciais da comarca, pois uns e outros teñen razóns a favor e en contra, aínda que tanto funcionarios como profesionais prefiren quedar como están.
De momento, no ámbito profesional, o fiel parece inclinarse ao lado de Cambados polos argumentos "históricos" antes apelados. De feito, o primeiro paso xa foi anticipado na recente reorganización da Fiscalía para a comarca, de modo que o coordinador do Salnés ocupa un despacho naquelas instalacións xudiciais.
Tamén cabe pór sobre o tapete o feito de que Cambados conta con catro xulgados fronte a tres de Vilagarcía, sen esquecer que se atopa nun punto máis céntrico e con mellores comunicacións terrestres.
A base da polémica é o que leva a que a proposta non sexa aceptada de principio polos profesionais.
Eu xa fixen pública a miña postura o outro día neste mes blog e coido que Cambados debe ser, en aso de que se produza a fusión a sede do novo partido xudicial.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: