23 de abr. de 2012

I CONCURSO DE PINCHOS… POR CAMBADOS

Os días 27, 28 e 29 do presente mes de Abril vaise celebrar na nosa vila unha cousa innovadora, tratase do primeiro concurso de pinchos co lema “Proba e vota o teu pincho favorito”. Nesta primeira edición os establecementos participantes son os seguintes: “A Casa de Miguel”, sita na Rúa Real, “A Taberna do Trasno” sito na rúa Principe, “Parador de Turismo”, sito no Paseo
da Calzada, “A Riveira de Fefiñans” sita na Riveira de Fefiñans, “O s Piñeiros” sito na Avda. da Pastora e “Vago Viños” sito na rúa Principe. O concurso é bin sinxelo e consitirá en votar entre os participantes os mellores pinchos , a entidade organizadora “Cambados Zona Centro” sorteará premios entre todos os votantes. Como vedes todos os participantes son de Fefiñans agás "Os Piñeiros", unha boa forma de "inaugurar" o novo barrio de viños. 




Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: