A Asociación de veciños “SAN VICENTE” de Oubiña, organiza o domingo día 6 de maio a XXIII Maratón Popular “Memorial Manuel Mariño Castro” .
O maratón de Oubiña, memorial Manuel Mariño Castro, alcanza xa a súa edición 23 e disputarase a partir das 11.00.
As organización dividirá aos participantes en oito categorías, atendendo á idade dos corredores, e unha absoluta. A carreira
discorrerá pola parroquia de Oubiña con tres percorridos: un de dous quilómetros de lonxitude para os máis pequenos, outro de cinco quilómetros para as sete categorías restantes, e un de dez quilómetros para a proba absoluta.
discorrerá pola parroquia de Oubiña con tres percorridos: un de dous quilómetros de lonxitude para os máis pequenos, outro de cinco quilómetros para as sete categorías restantes, e un de dez quilómetros para a proba absoluta.
O memorial Manuel Mariño Castro repartirá medio centenar de premios posto que haberá recoñecemento para os tres primeiros clasificados tanto para os homes como para as mulleres en cada unha das categorías.
Desde a asociación de veciños invitan a todos a participar nunha das probas máis clásicas dentro do calendario de populares.
A inscrición realizarase no Centro Cultural “Manuel Mariño” desde unha hora antes da proba, que comezará as 11: 00 horas ou a través do correo electrónico na seguinte dirección: as.oubinha@gmail.com.
Este ano competirá incomprensiblemente contra a Festa da Bicicleta que se celebra en Cambados, o concello de Cambados intencionadamente e sabendo de antemán, porque así lle constaba nas súas oficinas a data do maratón cambióu adrede a data da festa da bicicleta que en Cambados sempre se celebrou o 1º de maio, para así intentar eclipsar unha maratón organizada por unha asociación que non lle é afín politicamente. Actitudes dictatoriais dignas doutros rexímenes políticos.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
.jpg)



Ningún comentario:
Publicar un comentario