7 de abr. de 2012

TODOS ALCALDES DO PP SON DELINCUENTES EN POTENCIA? CONDE ROA É O EXEMPLO?

"Dime con quien andas, e direiche quen
eres". Un presunto delincuente, quizais.
O alcalde de Santiago contra as cordas. O mais insultante é a súa chuleria, por outra banda tipica no PP.
Denunciado pola Fiscalía por defraudar 291.000 euros en impostos. Mentres o seu partido mira, polo de agora, para outro lado e garda un silencio expectante. 
Todos os galegos reclaman a "inmediata separación" do posto do alcalde porque non é aceptábel que un individuo que defrauda do erario público detente responsabilidades na cidade. Os nacionalistas españois reclaman tamén a "inmediata dimisión" do edil ante
a "profunda preocupación dos veciños". Xa antes os dous grupos da oposición con presenza na corporación local, PSdeG e BNG, pediran a súa marcha.
Xerardo Conde Roa foi denunciado pola fiscalía por non pagar “de forma consciente, voluntariamente  e con ánimo de defraudar a Facienda” 291.000 euros do IVA e doutros tributos dunhas casas que fixo Geslander, a súa construtora en Santiago. A reclamación é o último e máis grave apercebemento recibido polo político do PP. Segundo informou GC mesmo antes das eleccións, Geslander foi deixando un ronsel de pagos de taxas á Cámara de Comercio de Santiago e tamén ao Concello de Lalín. Antes de denuncialo, Facenda mesmo lle embargou as contas. A condición de moroso de Code Roa era, pois, un segredo a voces.
No PPdeG mirouse para outro lado. O certo é que ninguén contaba que Conde Roa gañara os comicios locais e cando o fixo os impagos de impostos non eran considerados máis que denuncias da prensa crítica cos conservadores.
Agora, a entrada no xulgado dos impagamentos deixa ao PPdeG nunha dificilísma situación, tentar convencer aos cidadáns de novos recortes cando o seu líder na capital de Galicia é un presunto defradador de impostos a un nivel que levou aos fiscais a denuncialo.
Aínda está por escoitarse a primeira voz do PPdeG que defenda a Conde Roa neste caso. Polo de agora o alcalde de Santiago só recibiu silencio.
O líder do partido tampouco se molla. Nin pide a súa cabeza nin lle ofrece o seu apoio. "Díxonos que non ten constancia oficial e que cando a haxa será o interesado que faga a avaliación que corresponda e dará as explicacións necesarias. A partir de aí veremos cales son" foi a resposta do presidente da Xunta.
Noutras palabras, ou Conde Roa atopa unha boa explicación para o masivo impago de impostos ou a súa carreira política pende dun fío.
                                      
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.











Ningún comentario: