Cultura galega con moitos acentos.
Como os de Bilbao , os galegos nacen onde queren. Iso si, gozan con paixón da súa terra. Unha proba diso viuse ote no curso de cultura tradicional organizado por Cantigas e Frores, no que participan preto de noventa alumnos, chegados de lugares tan diversos como Suíza, Tenerife, Navarra ou Cataluna. Son moitos tamén, por suposto, os procedentes de distintos puntos da xeografía galega.
A cita é no parque de Frigsa e os alumnos, repartidos entre o Auditorio, as aulas de Cantigas e Frores e no pavillón das piscinas municipais, aproveitan o encontro para aprender, pero tamén para compartir experiencias respecto das manifestacións da cultura galega que se producen nos seus distintos lugares de orixe.
Os cursos chegan este ano á súa edición número trinta e concíbense como instrumento para manter vivos os alicerces da cultura tradicional. A partir dese reto, os ensinos céntranse en disciplinas tan esenciais como a gaita, o canto ou o baile.
Esta edición do curso está centrada en catro especialidades: Técnicas de baile tradicional, gaita, percusión e canto e pandereita. Aspectos teóricos e prácticos compaxínanse nas aulas, á fronte das cales están profesores de recoñecido prestixio, como Pablo Devigo , que imparte o curso de gaita; Carlos Álvarez , que está a cargo das clases de técnicas de canto tradicional; Marcos Pérez Saborido , que ensina técnicas de percusión tradicional, e Miguel Sotelo , titor do curso de baile tradicional.
O recoñecemento do profesorado, clave á hora de atraer a Lugo a alumnos dos máis distintas orixes, é unha dos acenos de identidade dos cursos de Cantigas e Frores.
De feito, a asociación cultural lucense presume de contar con figuras importantes da cultura tradicional ao longo da súa traxectoria. Así, polos cursos pasaron mestres como o cambadés como Xaquín Xesteira , Iván Costa Branco , Anxo Lois Pintos , Francisco Estévez “Chuco”,Óscar Fernández Sanjurjo , Xosé Lois Romeu Cagigal , Luís Prego Fernández , Suso e Pepe Vaamonde Manteiga , Daniel Bellón , Ugia Pedreira , Germán Díaz , Luís Correa “O Caruncho”ou o propio Bruno Villamor , un dos membros máis destacados da agrupación cultural lucense.
O curso vaise a prolongar durante o fin de semana e ten un carácter intensivo. Ao final das clases, mañá, sábado, haberá unha gala final, con entrega de diplomas e unha foliada.
Os alumnos pechasen con ese acto en Lugo tres días de encontros que servirán para facer unha posta en común respecto de como se expresa a cultura tradicional galega nos lugares de orixe dos asistentes aos cursos. As casas de Galicia repartidas por medio continente e polas distintas comunidades españolas son, en principio, a gran correa de transmisión da tradición galega fóra das fronteiras autonómicas.
Os participantes, de paso, poderán coñecer outras tradicións lucenses, como a da Semana Santa. De feito, é na semana de Paixón na que todos os anos celébrase o curso organizado pola asociación Cantigas e Frores en Lugo.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario