O famoso compositor-cantante-comico Ton Trovador volta a Cambados despois de ternos un tempo prácticamente esquecidos. Ton fai facer unha mini xira por Galicia que él denomina “MAIO MORRIÑA TOUR 2012-CORUÑA-OURENSE-BARRANTES-CAMBADOS”. Serán catro concertos intensos e todos no mes de maio e así o mércores 23 estará enna Garufa – A Coruña, o xoves 24 no Miudiño en Ourense, o venres 25 na Pera en Cambados e o sábado 26 de maio no Encontro en Barrantes. Todas actuacións serán
sobre da medianoite. Ton ofrecese tamán a calqueira local que neses dias quere que toque un pouco máis cedo.
sobre da medianoite. Ton ofrecese tamán a calqueira local que neses dias quere que toque un pouco máis cedo.
Tom (Tomtrovador na rede) é un músico formado nas rúas de Sevilla. Alí formou parte de diversos grupos como Os Sudakas, Hébridas (que gravaron un EP e un LP con Elephant Records) e Barón von Benz e os Chevrolet.
Aos 24 anos viaxou a Tenerife, onde montou un trío chamado Os Dous. Foi entón cando se decidiu a dedicarse de maneira total á música e deixar de lado o seu oficio de cociñeiro.
Pasou dous anos na estrada, tocando por garitos, salas e pequenos festivais de media España e gran parte de Europa, ata que finalmente decidiu instalarse en Galicia no verán do 99. Un ano despois gravaría o seu primeiro disco como Tom, acompañado por músicos galegos. O traballo chamouse "Modus Vivendi", en agradecemento ao local santiagués do mesmo nome no que estivo tocando semanalmente durante 5 anos desde Outubro do 99. En 2003 editou unha maqueta con tres cancións e dous vídeos e en 2005, edita "saíu o sol", un maxi de adianto do que será o seu próximo disco de longa duración cuxas cancións foron gravadas. Esta gravación fíxose con moitos máis medios e máis acouga que as anteriores. Durante todos estes anos Tom estivo tocando en practicamente todos os locais de Galicia, en festas e en pequenos festivais galegos, facendo de cando en vez algunha escapada a outros lugares da xeografía española. Tras unha xira por Mallorca no verán de 2006, Tom namórase da illa e decide prepararse para unha mudanza en avión, logo de facer unha gran xira de despedida por toda Galicia que dura máis dun mes a razón de catro concertos por semana. O 7 de decembro de 2006, Tom aterra en Mallorca. A derradeira vez que estivo en Cambados foi no 2010 e tamén na Pera.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario:
Publicar un comentario