O BNG ven de denunciar no seu blog a ineptitude de Luis Aragunde como Alcalde de Cambados, cando hai cartos calquera inutil fai cousas, o problema e que as cousas funcionen cando os cartos menguan, e asi o BNG vennos a dicir que “O CIM de Cambados segue pechado; que novidade! A falta de funcionamento do CIM (Centro de información da Muller) de Cambados non é nada novo, senón unha demostración, desde hai moitos anos, da falta de vontade política neste asunto dos dous últimos alcaldes do PP. É de
coñecemento público que nas últimas dúas lexislaturas, o CIM non comeza a funcionar ata que chegue a respectiva subvención da Xunta de Galiza, o que implica un enorme retraso na súa apertura anual e un abandono dos veciños e veciñas que o necesitan.”
coñecemento público que nas últimas dúas lexislaturas, o CIM non comeza a funcionar ata que chegue a respectiva subvención da Xunta de Galiza, o que implica un enorme retraso na súa apertura anual e un abandono dos veciños e veciñas que o necesitan.”
O BNG tacha a actitude de Luis Aragunde , no que estar a pasar co CIM, de hipócrita e asi comentanos o BNG que: “Cando Tourís era alcalde escusábase dicindo que a Xunta de Galiza, na anterior lexislatura, actuaba de xeito ineficaz xa que enviaba con moito retraso a subvención correspondente para o funcionamento do CIM. Iso lle valía de xustificación para non abrir o CIM ata a recepción da subvención correspondente. No 2009, coa chegada de Feijoo ao goberno da Xunta de Galiza, a subvención segue a entregarse co mesmo ou máis retraso ca anteriormente, pero agora o novo alcalde do PP de Cambados xa non se escusa no retraso da Xunta. Pero con este comportamento hipócrita do PP de Cambados, quen realmente saen prexudicados son os usuarios e usuarias do CIM.”
Tamén nos di o BNG que para o PP de Cambados, durante seis meses o ano polo menos as problemas maltratadas teñen que agochar os problemas xa que: “Nos últimos anos, co PP no goberno municipal, o CIM ven funcionando, aproximadamente, seis meses ao ano e mentres permanece pechado, os usuarios que se busquen a vida como mellor poidan. Durante unha gran parte do ano o PP deixa abandonados á súa sorte a todas aquelas persoas que necesitan con urxencia o asesoramento e a axuda deste importante servizo; demostración clara de que para o PP o funcionamento do CIM sempre lle importou ben pouco. Durante moito tempo intentou ocultalo utilizándoo como argumento político e botándolle a culpa da súa propia ineficacia, ao anterior goberno da Xunta, pero nos últimos tres anos isto xa non é escusa.”
O BNG, o único grupo politico do concello de Cambados que se está a interesar polos Cambadeses ven a denunciar que : “Desde o inicio desta problemática, o BNG ven solicitando que o CIM permaneza aberto os 12 meses do ano para dar un bo servizo a todos e todas aquelas usuarias que o necesiten. Ademais, como sabemos, isto é o que fan outros concellos do Salnés máis implicados ca o noso nas funcións que desenvolve este servizo. O concello debería facerse cargo dos gastos de persoal mentres non reciba a subvención da Xunta; axuda económica que chegará no seu momento a non ser, claro está, que o goberno Feijoo siga na súa liña de continuos recortes sociais.”
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

.jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario