PLATAFORMA EN DEFENSA DO SECTOR PESQUEIRO MARÍTIMO DE GALICIA REXEITA DE PLANO A PRESENZA DE BENITO GONZALEZ NA MESA DE NEGOCIACION PARA A COTA DE PESCADA NORTE
Pladesemapesga, esixe a participación dos sectores afectados de forma urxente e a disolución da mesa actual para a defensa do sector nas cotas de Pesca do Norte e en
concreto a retirada de Benito González, denunciado ata a saciedade como o peor inimigo e considerado "esquirol" ao servizo de Rosa Quintana a cambio de favores políticos co único fín de que permita chamarse e o "sector" sen que por iso teñan nada que ver os afectados con tan indesexable representación.
concreto a retirada de Benito González, denunciado ata a saciedade como o peor inimigo e considerado "esquirol" ao servizo de Rosa Quintana a cambio de favores políticos co único fín de que permita chamarse e o "sector" sen que por iso teñan nada que ver os afectados con tan indesexable representación.
Ante a falta continuada na defensa do sector marítimo pesqueiro de Galicia, por Benito González, Presidente da Fegacope, esta Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, rexeita de plano o seu preencia como suposto representante do sector, proposto por Rosa Quintana, COnselleira de Medio Rural e Mar, para a mesa de negociación e tamén pola titular como membro do Consello de Administración do Porto de Vilagarcía como pago á submisión sen atisvos de defensa do sector supostamente representado.
As TAC ou cotas de caturas admisibles para os caladoiros de Gran Sol, augas non españolas do golfo de Biscaia, Escocia e Irlanda, xa foron suavizadas polos ministros da UE, polo que non é de recibo, que se queira vender unha moto, que non é tal.
Os armadores galegos lamentan que, as posibilidades de pesca deste ano descendan respecto de 2011 e non recoñecen a suposta defensa dos seus intereses polos representados na mesa negociadora organizada pola Secretaría do Mar.
A UE xa esta comprometida con España a revisar o próximo mes de xuño o estado da pescada do norte e, en base aos datos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), ver a aplicación dos incrementos nas posibilidades de pesca da especie, sen que por iso téñase a necesidade de montar o circo mediático de Rosa Quintana.
O acordo do ano anterior para a repartición de TAC e cotas, serviu para demostrar que a comisaria de Pesca, Maria Damanaki, non lle fai nin caso a Rosa Quinatna, á que acusa de descoñecer a realidade da Pesca.
Desde Pladesemapesga, ante o alubión de críticas polo abandono na defensa do sector e en concreto ante a cota da Pescada do Norte sen resultados que ofrecer, o Gabinete de Prensa de Rosa Quintana, emite unha nota de prensa, onde afirma que está en contacto permanente coa Secretaría de Pesca de Madrid e móntanse mesas negociadoras con personaxes afíns e a ausencia do sector implicado co fin de manexar as mesmas en inetrés propio.
Ao sector o que lle interesa é que estamos a dous meses e Vostede Sra Rosa Quintana, carece de resultados e informacións que ofrezan tranquilidade para un sector e caladoiros totalente abandonados na súa xestión, pola súa apatía ou nefasta xestión á fronte do sector e agora máis preocupado polos erros de Medio Rural que na Mar.
Pladesemapesga manifestou que "apostar polos acordos da actual mesa de negociación sen a presenza dos afectados e cos actuais actores supeditados ao que diga Rosa Quinatna, non é coincidente coas demandas dos afectados, se non coa máis rancia e postulados do desexo dos organizadores" acusa a Plataforma, que rexeita de plano a mesa de negociación e considéraa "unha manobra de Rosa Quintana, para saír airosa sen negociación algunha os recortes na Cota de Pescada do Norte coas que nos vén ameazando a Communidad Europea, tal e como xa se fixo noutras ocasións e máis recentemente coa suspensión dos acordos no caladoiro de Marrocos sen solución a día de hoxe.
Desde a Plataforma esiximos a presenza dos afectados, Asociación de Organizacións de Produtores de Pesca do Cantábrico que agrupa a Cantabria, Asturias, Galicia e País Vasco, Asoar-Armega, Pladesemapesga que traslada á Mesa o seu malestar polas formas e os modos de promulgar acordos por fóra e ás costas do sector real e os seus prexudicados.
Nova recollida de Xornal Galicia.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario:
Publicar un comentario