1 de abr. de 2012

UNHA PAXINA WEB MOI COMPLETA SOBRE AS RUINAS DE SANTA MARIÑA

A nosa amiga Maribel iglesias Baldonedo, acabanos de informar da existencia na rede dunha páxina completísima sobre as Ruinas de Santa Mariña de Cambados, a cal inmediatamente pasa a engrosar o noso capitulo de “Os nosos amigos da rede”.  A páxina está confeccionada por Julio
González Montañés, natural de Ferrol, é licenciado en Xeografia e Historia pola Universidade de Santiago e Doctor en Historia do Arte pola UNED, profesor de ensino secundario, publicou libros e artigos sobre o arte galego e sobre as relacións entre o arte e o arte medieval, é un esparte nesta época. 
Julio Montañés autor da páxina
A páxina amosanos a Pranta de igresa e a súa cronoloxia describindonos detalladamente a súa fachada, naves, Capela Maior, Sacristia, Capela dos Apostoles, Capela funeraria, Capela da anunciación e Capela do Rosario. Tamén nos amosa a historia do edificio coas súas respectivas restauracións. Tamén ten outro apartado adicado a Escultura, outro a arquitectura, pintura, bibliografia, e fotos antiguas. En definitiva unha completísima páxina que nos amoso todo o que hai que saber e mais sobre as Ruinas de Santa Mariña e sobre todo para consulta de docentes.

http://www.santamarinadozo.tk/


Esta e outras moitas fotos podes ver nesta femrosa páxina.

                

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: