2 de abr. de 2012

A VOZ DE GALICIA DESCRIMINA A CIG E MINTE SOBRE A FOLGA

Un dos artigos de "La Voz de Galicia" neste caso afirmando que CCOO e UXT convocaron a Folga Xeral e a CIG sumouse. Algo que é falso

O pasado 7 de febreiro á CIG adiantou que convocaría unha folga xeral para finais de Marzo por mor da reforma laboral que se
aprobaría no Consello de Ministro do 10 de Febreiro e polas medidas restritivas de dereitos sociais que se viñeron aprobando nos últimos meses. Esta convocatoria foi consensuada cós demais sindicatos do Estado e plasmouse formalmente na en Galiza coa presentación, o 2 de Marzo, no rexistro da Xunta de Galiza da convocatoria presentada pola CIG, CUT, CNT e CGT dunha folga para o día 29 de Marzo.
O día 9 de Marzo UGT e CCOO acordan convocar folga para o día 29 de Marzo coincidindo coa Folga que xa estaba convocada.
Durante a cobertura prévia, a do día da folga e a do día seguinte "La Voz de Galicia" buscou, escandalosamente, ocultar a información sobre a CIG non cubrindo actividades realizadas, dando datos "erróneos" ou reducindo os datos facilitados sobre esta central sindical. Como exemplo, o feito de que na súa galería de imaxes haxa casi tres veces máis fotos doutras manifestacións que das manifestacións da CIG na xornada de Folga.
Como colofón, na información facilitada hoxe por La Voz de Galicia, esta afirmaba que "Los sindicatos convocantes, UGT y CC.OO. (con la adhesión de CIG y CUT) ..
Preme AQUI se queres quixarte contra deste medio de prensa.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.




Ningún comentario: