25 de maio de 2012

DANIEL FALCÓN PRESENTA: VERBAS OCULTAS

Daniel Falcón Chaves, un mozo cambadés acaba de abrir un blog poético onde publicará as súas creacións, revelando os seus desexos, sentimentos, a súa rebeldía. A este blog quixo chamarlle "Verbas Ocultas", xa que como ben recoñeceu levaba anos escribindo pero ata agora non se lle pasou pola cabeza dar a coñecer as súas creacións.
 
O mozo cambadés iniciou o seu camiño poético no blog cun de tantos poemas do grandioso poeta cambadés Ramón Cabanillas, do cal elixiu o poema “Quen no seu corazón”.  A continuación sorprendeunos coa súa primeira publicación, un poema de creación propia titulado "As Verbas". Aos poucos Daniel iranos sorprendendo con creacións propias así como doutros poetas.
Por iso desde “a Ti meu Cambados”  invítovos a darvos unha volta por Verbas Ocultas, así como polos demais blogs de poesía, e fica engadido a "Os meus amigos da rede"



Aqui tedes a súa primeira poesia da súa autoría publicada no seu blog:

As verbas

Andaina de andares,
comezo de comezos,
son os primeiros pasos,
lentos e vagoentos,
Pero sempre con cabeza erguida, 
e sen perder os compases.

Poden ser moitos os pensamentos,
que unha cabeza non chegue a cadrar,
pero nunca amainarnos os sentimentos,
e ata onde nos poden levar,
sentar a base e un cimentos,
que ninguén me poida arrebatar.

As palabras fan camiño,
aínda que e algo singular,
van crecendo como un neniño,
ata que non se poden disimular,
como paxaro fai o seu niño,
e despois as crías alimentar.

Non e doado de pulir as pedriñas,
que un se pode topar,
e versar estas liñas,
e os sentimentos espetar,
como sol das mañanciñas,
o sentirse no seu fogar.

Por iso a poesía sae de moi forte,
aínda que moitos non o entenden ,
non e cuestión de sorte,
e no tempo son se ven,
por iso pensando con sorte,
e serán as vivencias do aquel.



Nova Recollida de Dos Vueltas de Tuerca




Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: