A Plataforma SOS Sanidade Pública e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chaman a toda comarca do Salnés a participar na manifestación nacional convocada por estas duas entidades o domingo 3 de xuño, ás 12 h., desde a Alameda de Santiago de Compostela.
Desde a comarca haberá autobuses para desprazarse a Compostela ese día, con saída da Praza do Corgo en Ogrobe ás 10´15 h., diante do concello de Cambados ás 10´30 h. e da Casa do Mar de Vilagarcía ás 11´00 h.. Se queres reservar praza podes chamar aos números 986 56 50 59 e 986 50 53 23 antes do xoves 31 de maio.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario