24 de maio de 2012

XXXI FESTA DO LABREGO EN CAMBADOS

O vindeiro domingo 27 de Maio a parroquia de Vilariño celebrará a XXXI Festa do Labrego. Os actos festivos comezarán a partir das 9:00 horas coa saída dos participantes no desfile desde A Modia, Sameiro e Cobas de Lobos que irán acompañados polos veciños e diversos grupos folclóricos. Ás 10:00 horas dará comezo o Desfile de Carros do País, Tractores, Cabalos e Carrozas que sairán como é tradición engalanados de flores, desde O Cruceiro ata o recinto da festa, en Burgáns. Estarán acompañados polo Cuarteto tradicional Bou de Bou, Os Gaiteiros de Corbillón, Os Carballeira de Vilariño e Os Cruceiros de
Treomedo. . 
Bou de Bou animará este ano a festa.

Ao mediodía entregarase un premio ao grupo máis numeroso reunido para comer e que este ano consistirá nunha cesta de produtos típicos da terra. 
Pola tarde terá lugar a poxa de produtos agrícolas e haberá premios para o tractor e o carro mellor ornamentados. Os máis pequenos tamén terán o seu espazo neste día coa celebración de concursos e xogos populares. 
Pola noite terá lugar a verbena amenizada pola orquestra Alkar. 
Esperemos que este ano a organización aparte de invitar o Alcalde tamén invite o portavoz da oposición.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: