4 de maio de 2012

EN CAMBADOS AS OBRAS SEN PERMISO SO SERÁN CONCEDIDAS CANDO OS SOLICITANTES SEXAN DO PP, SEGUNDO O BNG


SEGUNDO O BLOG DO BNG , CAMBADOS É O  ÚNICO CONCELLO DO MUNDO ONDE SE DA LICENCIA UNHA VEZ REMATADA A OBRA

Con respecto ás  declaracións do Alcalde, en relación ás obras no “Pinal de Maza”, ao  BNG lle parecen  verdadeiramente sorprendentes ao afirmar que, no noso concello, primeiro se fai a obra e unha vez rematada se lle concede a licenza municipal. Cambados debe ser o único concello galego e suponse que do mundo, onde ocorre iso. Porque no Pinal de Maza, non só houbo tala (o permiso da Xunta esixía que se respectaran carballos e sobreiras), senón tamén que
houbo movemento de terras. Os movementos de terras necesitan licenza municipal, pois así o esixe o artº 194 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. Luís Aragunde  debería aclararlle aos veciños e veciñas de Cambados, para que non haxa malos entendidos,  que as obras sen permiso so serán  concedidas cando os solicitantes sexan cargos políticos do PP.
Touris, literalmente "cagouse"
o enterarse da nova.
Tamén debería  aclarar Aragunde, que as obras  se fixeron  nun terreo catalogado nas NNSS de Cambados como de “protección forestal” e, polo tanto, está a transformar unha zona forestal nunha plantación de albariño, de xeito ilegal. Para poder darlle licenza a esta actuación o concello de Cambados ten que facer unha modificación puntual das NN SS, seguindo os correspondentes trámites que marca a lei (sen saltalos habilidosamente como tenta facer nesta ocasión). 
Tampouco aclara o alcalde que a tala total da parcela xa se realizou no mes de febreiro e o escrito da Consellería de  Medio Rural chegou ao concello a finais do mes de abril; xustamente un día antes de que ao representante do BNG se lle permitira ollar   o expediente. E tampouco informa, Luís Aragunde,  que o oficio de Medio Rural di textualmente:”se respectarán as sobreiras que se atopen nos lindeiros das fincas” (refírese ás fincas que forman esta  parcela de case 8 hectáreas); pois cando chega este escrito ao concello xa non existe ningún tipo de sobreira no lugar. Semella que a Consellería do Medio Rural  utiliza o mesmo criterio de funcionamento  ca o concello de Cambados: concede os permisos despois de facer a obra e sen importarlle se a obra  se axustou ao permiso. 
O BNG con Victor a fronte quitoulle o souriso da cara
a Luis Aragunde.
E  tampouco aclara o alcalde que, coa obra feita en febreiro, o 16 de abril recibe  un oficio da Consellería de Medio Ambiente pedindo a memoria, análise e alternativas, estudio do medio físico,etc.  Cando chega esta petición ao concello xa era demasiado tarde,  pois a obra xa estaba feita. 
Ademais, coa obra feita, o día 28 de marzo o arquitecto municipal informa  de que se debe solicitar autorización autonómica xa que o contorno está próximo a bens definidos  no “Catálogo de Bens Culturais e Naturais Suxeitos a Protección” que puideran verse afectados, polo que o técnico aconsella enviar o expediente á Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra; comisión que se supón, coñecerá  pola prensa a desfeita realizada na citada propiedade.
Juan Ramiro ainda non demitiu.
O BNG nin “se anticipou”, nin “terxiversou” ningún dato. Os que se anticiparon, facéndose os “listillos", dando por feito de que en Cambados ninguén lles ía dicir nada, porque eles son así de prepotentes, foron o concelleiro do PP e Cores Tourís. É unha irresponsabilidade que Luís Aragunde estea  tentando  tapar aos compañeiros de partido nun caso tan flagrante como este e nun momento social e económico tan especialmente difícil para veciños e veciñas. Un momento onde a clase política debe ter un comportamento exemplar ante a sociedade e, desde logo, o comportamento destes políticos do PP dista moito da exemplaridade que se lle esixe, polo que o BNG volve a pedir responsabilidades políticas para quen incumpre a lei a sabendas de que o está a facer. Porque dicir a verdade e dar a nosa opinión, controlar a acción do goberno municipal e criticalo, non é insultar a ninguén. A Luís Aragunde parece que este caso o está a por nervioso e, quizais, en lugar de contratar a un asesor xurídico debeu contratar a un psicólogo.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: