4 de maio de 2012

NON AOS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO, MANIFESTACIÓN EN VILAGARCIA O 18 DE MAIO ÁS 19.30 H.

Varios colectivos veñen  de participar na constitución da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, integrada por distintas entidades representativas da comunidade educativa galega, para responder ás medidas que o Partido Popular está a impulsar contra este servizo público esencial.
Neste enlace http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com/ podes acceder a toda a
información sobre a Plataforma. En particular pódense facer adhesións individuais e colectivas á mesma, así como coñecer o manifesto coas principais demandas.
O martes 8 de maio a Plataforma convoca mobilización en distintos puntos de Galiza:
* Santiago de Compostela: Praza do Toural, ás 19:30 horas.
* Ferrol: Diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, ás 19:30 horas.
* Ourense: Xefatura Territorial de Educación, Rúa Concello 11, ás 19:30 horas.
* Vigo: Rúa Príncipe, diante do MARCO, ás 19:30 horas.
* A Coruña: Praza de Pontevedra, ás 19:30 horas.
* Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 19:30 horas.
* Lugo: Edificio Administrativo da Xunta de Galiza (Ronda da Muralla), ás 19:30 horas.
* A Guarda: Praza do Reloxo, diante da Casa do Concello, ás 19:30 horas.
* Verín: Praza do Concello, ás 19:30 horas.
* Vilagarcía de Arousa: Praza de Galiza, ás 19:30 horas.
* Foz: Praza de Galiza, ás 19:30 horas.
* Ribeira: diante do Concello, ás 20 horas.
Asiste!



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

2 comentarios:

jose dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
A TI MEU CAMBADOS dixo...

Querido e estimado José, estamos a facer pupa o PP. ja ja ja.