O Museo de Galicia, último edificio inaugurado no complexo de Gaiás, abrirá as súas portas na segunda quincena de xuño cunha gran exposición dedicada á historia da pedra en Galicia. Haberá que esperar a vela para xulgar o resultado final, pero do que non hai dúbida é que terá dimensións e custos faraónicos.
O orzamento de Gallaecia Petrea ascende a 1,5 millóns de euros, dos que case a metade investiranse na montaxe. A maioría de expertos en arte que visitaron o museo coinciden na dificultade para deseñar exposicións nun espazo de dimensións enormes e, ao mesmo tempo, con poucos muros dispoñibles para colgar obras de arte. Con diñeiro case todo arránxase, pero nestes tempos non abunda.
Obra de Manolo Paz en Triana - Fefiñans
O Baco de Leiro en Cambados
Logo de case ano e medio de funcionamento a Cidade da Cultura empeza a dar sinais das dificultades para dotala de contido e facela máis atractiva para os visitantes. Fronte ás preto de 332.000 persoas que pasaron polo recinto do Gaiás durante o ano pasado, no que vai deste exercicio as cifras son máis modestas e limítanse a preto de 80.000 visitantes rexistrados ata a primeira quincena de maio. Seguramente a explicación é que se vai esgotando o tirón de público que se desprazaba para ver o recinto en si mesmo. O problema é que máis aló de admirar a arquitectura dos edificios xa construídos e ver os buracos nos que se ían a situar os dous que están paralizados non hai moito que facer no Gaiás
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario:
Publicar un comentario