O BNG no seu blog informanos que acababa de presentar un escrito no Concello de Cambados, no que noutras cousas decia que as obras que se estaban a facer ali e nos que aparecen directamente implicados un concelleiro do PP concretamente Juan Ramiro e o Delegado na Xunta en Pontevedra Touris, carecían de licenza municipal e dos preceptivos informes favorables doutros
organismos autonómicos (Consellería de Medio Rural, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra).
organismos autonómicos (Consellería de Medio Rural, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra).
Continua decindo o BNG no mesmo escrito que hai uns días, nas citadas obras, fixo acto de presenza a Policía Municipal de Cambados alertada polos veciños do lugar que se queixaban de que se estaba a realizar unha operación molesta na que se producía un denso po branco que estaba a chegar ás vivendas próximas (posiblemente estaba a realizarse a calcificación dos citados terreos), razón pola cal e o BNG ven de facer as seguintes preguntas:
Juan Ramiro segue , pese a todo, sen demitir.
2.- Contan, ditas obras, cos preceptivos informes favorables de organismos con competencia na materia: Consellería de Medio Rural, Consellería de Medio Ambiente e Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra?
3.- Encargou o concello algún tipo de estudo do lugar denominado “Pinal de Maza”, na Modia, que xustifique por razóns de interese público (artº 94 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia) a modificación dunha zona de protección forestal, como a citada, noutra de usos agrarios?
5.- Se estas obras no “Pinal de Maza” (expediente nº 46/2012 e expediente nº 81/2012) carecen de licenza municipal, ditou o concello orde de paralización das mesmas?
6.- Abriu o concello, se procede, o correspondente expediente de legalización das mesmas?
7.- En caso de que non proceda a legalización das citadas obras, iniciou o concello o expediente sancionador e de reposición ao estado en que estaban os terreos con anterioridade das actuacións ilegais que se fixeron no “Pinal de Maza”?
8.- Se a Policía Local de Cambados ten aberto algún atestado ou expediente por algunha actuación irregular nas citadas obras? E, en caso afirmativo, podería ser consultado polo grupo municipal do BNG.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario:
Publicar un comentario