26 de maio de 2012

NON HABERÁ ELECCIÓNS NA CONFRARIA DE CAMBADOS ATE O 2013. ESTE ANO CADUCA O MANDATO DE PELEA.

As eleccións nas confrarías galegas e entre elas a de Cambados,  atrasaranse ata o 2013.  Dos prazos ofrecidos pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro despréndese que é máis que improbable que os comicios poidan celebrarse este ano. A preguntas do BNG na Comisión de Pesca do Parlamento, Susana Rodríguez Carballo explicou que a Consellería de Medio Rural e do Mar aínda está a
traballar no decreto que deberá regular o proceso e que aínda falta  un informe externo e enviar o texto á Intervención da Xunta. Unha vez que estes dous trámites estean resoltos, as eleccións poderían convocarse nun prazo máximo de seis meses, segundo Rodríguez Carballo. O nacionalista Bieito Lobeira advertiu que o atraso está a causar problemas e conflitos en moitos depósitos e acusou á Xunta de «incompetencia» e «falla de vontade política» por non ser capaz de liquidar unha situación que consideran que prexudica ao sector.
Os tempos nos que Benito e Isabel ainda non lle facian as beiras o PP.

A directora xeral, pola súa banda, negou que houbese unha situación de provisionalidade e sinalou que nestes momentos hai 25 confrarías «menos do 40 % do total», apuntou, nas que xa se terían que ter celebrado comicios, pero que todo se está facendo segundo o previsto na Lei de Pesca.En Cambados  case con toda seguridade  presentarase novamente Benito Pelea, mentras que a “oposición” polo de agora ainda non ten nada definido. Benito como xa publicamos neste medio atópase no ollo do furacan de diversos colectivos tanto a nivel local como nacional.
Nova recollida de RAÑEIR@S DE CAMBADOS. 


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: