26 de maio de 2012

O “XUVEN” A SEGUER FACENDO HISTORIA

O Xuven ten unha nova cita coa historia. Mañá disputa a partido de ida do playoff decisivo polo ascenso a LEB Prata. O equipo desprázase pola mañá a Sabadell onde a partires das 18:00.
Chega a hora da verdade para o Xuven. A eliminatoria que decide se ascende ou non a Leb Prata. Non vai ser tan sinxelo como o foron os enfrontamentos anteriores. No Sant Nicolau de Sabadell vai atopar o Xuven un equipo de gran calidade e capacidade atlética. A metade do plantel está formado por xogadores que non chegan aínda os 20 anos, como os irmáns dos internacionais absolutos Serge Ibaka e Sergio Llull. Christian Ibaka sí que ofrece bos números, sobre todo no apartado reboteador e taponador, pero non así Ivan Llull, moi lonxe do nivel do seu irmán maior. Mete medo a presencia de Francesc Cabeza, junior de ouro xunto a Navarro, Gasol e compañía no ano 99. Pasa por ser unha das referencias deste equipo xunto a Xabier Costa, fillo doutra lenda viva da canastra, Quim Costa, ex do Barça. Con todo, segundo o presidente do Xuven, Jorge Castiñeiras, a eliminatoria parte sen un claro favorito. 


O Sant Nicolau ofrece un estilo de xogo similar ó do Xuven. Gústalle impoñer un gran ritmo e basearse na súa intensidade defensiva. De feito foron de longo o equipo que menos puntos recibíu na liga regular, no Grupo C, onde quedaron terceiros.  
A expedición cambadesa desprazouse hoxe cara terras catalanas onde a partires das 18:00 dará comezo o choque. Tódolos xogadores están a disposición de Yago Casal, incluído Berni Castillo, que pese a arrastrar unhas molestias durante a semana, chegará en perfecta condicións ó partido. Castiñeiras cree que o equipo non chega no seu tope de xogo, pero si de moral. 

Fotos Mariña Charlin.
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: