23 de maio de 2012

O BNG A PROL DA SELECCIÓN GALEGA DE FUTBOL

APROVEITARÁN A FINAL PARA SOLICITAR A OFICIALIDADE DAS SELECCIÓNS 
Unidos polas seleccións.
A previa da final será reivindicativa. Catalunya, Euskadi e Galicia pedirán, en positivo, seleccións nacionais. Outros, respecto para o himno español 
A celebración da final da Copa do Rei en Madrid permitirá a coincidencia na capital de dúas correntes político-deportivas moi diversas. Catalunya, Euskadi e Galicia
reclamarán seleccións propias e a Fundación para a Defensa da Nación Española (Denaes) pedirá que non se asubiar o himno nacional. 
As plataformas a favor das seleccións de Catalunya, Euskadi e Galicia, logo da chamada de varios deputados vascos, galegos e cataláns, instará a que os afeccionados mostren o día da final o seu apoio á oficialidade das seleccións vasca, galega e catalá. 
A plataforma Prol Seleccions Esportives Cataláns participou activamente no acto reivindicativo no Congreso dos Deputados, que se pechou cunha fotografía conxunta tras a pancarta de `Unha nación, unha selecció (en catalán, vaso e galego). Por parte da plataforma ProSeleccions Esportives Cataláns interveu o vicepresidente Sergi Blázquez e o coordinador Francesc Serra. Os grupos políticos presentes foron CDC, ERC, IC-V, BNG e Amaiur. 
Doutra banda, a Fundación para a Defensa da Nación Española (Denaes) puxo en marcha a campaña `A Copa de todos, lanzada para evitar os máis que probables asubíos ao himno español nos minutos previos ao comezo do partido, recorrendo a varios afeccionados do Athletic e do Barça de diferentes cidades de España “reivindicando respecto, normalidade e concordia cos símbolos de todos”, segundo a nota feita pública pola fundación. 
A Fundación tamén lamenta as “ameazas” que algúns deses afeccionados recibiron por participar na campaña “e que obrigou a modificala e a retocar os vídeos da mesma”. 


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: