23 de maio de 2012

O CAMBADÉS RICARDO RODIÑO MÓSTRANOS ALGÚNS RECUNCHOS DE MALTA.

O CAMBADÉS É PROTAGONISTA DO PROGRAMA GALEGOS NO MUNDO, MALTA, QUE EMITIU O PASADO MÉRCORES A TVG. 
Ricardo Rodiño é unha desas persoas ás que podemos cualificar como dun eterno inquedo, a súa vida, dacabalo entre Cambados, Santiago, Paris ou Malta é un frenesí de experiencias que deixou algún que outro corazón roto, ata o seu, aínda que el o non o recoñece. 
Foi na illa mediterránea onde pasou maior tempo nos últimos anos, por esa razón é un excelente guía para mostrarnos os encantos desta pequena república insular, membro da Unión Europea, que ten unha das maiores densidades de poboación de toda Europa e que no estado español  lémbrase   polo famoso 12-1 que lle meteron á súa selección
de futbol.  Engadir que Ricardo é fillo da pintora Emérita Méndez e do avogado Ricardo Rodiño. 
Podes ver o video premendo AQUÍ, ou na foto de Ricardo.
Nova recollida en "Vivir en Cambados"



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


1 comentario:

Thing that I see Thing that I want dixo...

Rodiño en estado puro!!!

Un saúdo